RIBADE (FNC) .- O Concello de Ribadeo repartirá 500 exemplares da segunda edición de Komikea entre todos os rapaces escolarizados maiores de 14 anos. A revista foi presentada esta mañá no salón de plenos. Na elaboración da revista, creada para a prevención das drogodependencias, participaron 73 mozos.
Segundo explicou a responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e Incorporación Social do Concello, Mónica Fernández Lamparte, “Komikea é unha iniciativa que naceu no ano 2005 coa intención de implicar aos mozos ás mozas na prevención das drogodependencias, e que foran eles mesmos os que elaboraran un documento preventivo para repartir entre os compañeiros de IES de todo o concello. Pensamos que sería máis fácil facer prevención entre eles porque todos empregan a mesma linguaxe e teñen tamén a mesma forma de pensar que cunha persoa maior e que lles resultase allea”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou que “ainda que hai datos para a esperanza, hai aspectos preocupantes e é necesario incidir na prevención nos preadolescentes. De aí a importancia de iniciativas coma ésta que hoxe presentamos”.
Fernández Lamparte lembrou que “a primeira edición foi realizada por alumnos de 4º de ESO dos dous IES e do Colexio Sagrado Corazón, e decidimos que nalgún momento realizaríamos unha segunda. É un traballo que leva moito tempo, hai que ir polos colexios, elexir un grupo de terceiro ou cuarto da ESO e conseguir un montón de horas de clases libres para poder intervir. Hai un primeiro contacto no que lles explicamos que son as drogas e como se debe facer a prevención, despois explicámoslles como se fan os cómics, cómo se crea un personaxe e cómo debe ser o guión e como se plasma todo eso en debuxos. E despois houbo cinco sesión máis de traballo no que os rapaces se enfrontan a un folio en branco e teñen que empezar a discurrir un guión, uns persoanes, unha historia…teñen que coloréalo, etc, etc… é algo que da moito traballo e que require moitas horas”.
A segunda edición de Komikea foi realizada durante o curso 2008-2009 por parte de alumnos de 3º e 4º curso de ESO e de PCPI dos centros seguintes:
Colexio Sagrado Corazón, IES Porta da Auga, Centro Integrado de FP Porta da Auga e IES Dionisio Gamallo Fierros. A responsable do Programa de Prevención relatou que “este traballo traduciuse en 9 historias que se recollen nesta revista que será repartida entre todos os mozos e mozas maiores de 14 anos escolarizados en Ribadeo. En total imos repartir 500 exemplares de Komikea II. Na súa elaboración participaron un total de 73 alumnos e alumnas dos centros ribadenses”.
Mónica Fernádez Lamparte e Fernando Suárez agradeceron “o apoio dos titores, profesores, orientadores e orientadoras e sobre todo do alumnado e de Fefo, sin todos eles, non poderiamos ter feito este programa”. O rexedor destacou “a labor de compromiso de todos os implicados neste programa. Cando se traballa en conxunto, como estamos a facer desde o Concello e os centros, os resultados sempre son mellores”.
Ao acto desenvolvido esta mañá no Concello asistiron os alumnos participantes e os seus profesores.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



