Este abril cúmprense 175 anos da revolución de abril de 1846, que Francisco Tettamancy nomeou aqueladamente “a revolución galega de 1846” e que nós, dende a perspectiva deste 2021 ben a podemos chamar a revolución democrática galega de 1846.
No pasado faltou certa historiografía que negou a galeguidade desta revolución e inseriu estes feitos na liorta política estatal entre os partidos moderado e progresista, liorta que se transladou ao longo de máis de sesenta anos do século XIX a cadansúas faccións do Exército español, que puñan e guindaban gobernos a medio de continuos pronunciamentos.
Mais a revolución galega de abril de 1846 non se insire nesta tirapuxa de pronunciamentos senón que se alicerza nunha tépeda rede civil e mesmo nun moi salientábel apoio popular. Por unha banda, as unidades militares alzadas encádranse nun Exército Libertador de Galicia, dependente dunha Xunta Superior de Goberno de Galicia (constituída o 15 de abril) que declara nulos os actos do Goberno central, pon as Xuntas revolucionarias locais ás súas ordes e ordena constituir novos concellos, sen recoñecer ningunha caste de Superioridade. Por outra banda, os profesores e estudantes da Universidade compostelá intégranse nun Batallón Literario de 300 prazas, mentres moitos comerciantes, artesáns e mesmo labregos constitúen os novos concellos suxeridos pola Xunta. A correspondencia entre o xeógrafo Domingo Fontán e o seu irmán Andrés relatando como os obreiros da súa fábrica de papel de Lousame constitúen unha nova Xunta municipal é boa proba deste apoio popular.
Converxen no discurso desta Xunta Superior do Reino de Galicia a ideoloxía democrática representada no seu presidente, Pío Rodríguez Terrazo, primeiro alcalde constitucional de Compostela no 1834 (e tataravó do noso creador cultural multimedia Antón Reixa) e a ideoloxía nacional galega do provincialismo dos mozos da xeración de Antolín Faraldo, secretario da Xunta, autor dos seus manifestos no seu xornal oficial La Revolución. Xa que logo, como revolución democrática, o 1846 galego está moito máis conectado coa revolución do 1848 francés ou austriaco ca coa historia dos pronunciamentos militares españois. E como revolución nacional galega, ten moito máis a ver co proceso de unidade italiano reactivado por Cavour e Garibaldi no 1848-1849 ca coa propia historia do XIX español.
Outro elemento que sinalou a diferenza con outros procesos españois foi a gravísima represión daquel abril de lume e ferro, non só presente no fusilamento dos líderes militares (os mártires de Carral), senón no tratamento que se lle deu á poboación civil (saqueo de Compostela o 26 de abril e graves abusos en Lugo despoos da súa rendición sen combate o 28). Os exércitos de De la Concha actuaron como en terra extranxeira conquistada. Velaí, quizais, a causa das temperás medidas de indulto para os exiliados.
Foi a fusión destes elementos democrático e nacional os que atraeron ao relato democrático á seguinte xeración galeguista (Murguía, Rosalía de Castro, Pondal, Aguirre) e conectaron para o futuro o sector maioritario do protonacionalismo e do nacionalismo galegos cos ideais liberais e demócratas.
Coñecer o pasado é fulcral para entender o presente e gañarmos o futuro. E, tratándose do noso pasado, cómpre que sexamos nós quen o contemos desbotando o relato que nega a nosa existencia, a nosa orixe e o relato do que nós somos.























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



