Lugo, 15 de abril de 2021.- Un total de 129 establecementos da provincia de Lugo adheríronse ata o de agora á segunda convocatoria do bono tarxeta turística da Xunta #QuedamosenGalicia, unha iniciativa que busca dotar de liquidez ao sector e fomentar o turismo interno.
Así o explicou hoxe o delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, durante unha visita ao hotel Pazo de Orban e Sangro, na cidade de Lugo, unha das case 700 empresas de toda Galicia que xa se uniron a esta campaña.
Arias destacou a boa resposta dos negocios do ramo e o enorme éxito que tivo esta segunda edición entre a cidadanía, que esgotou as tarxetas nas primeiras horas tras abrir o prazo de solicitudes onte mesmo.
En canto aos establecementos lucenses que xa se inscribiron, figuran hoteis, paradores, balnearios, cámpings, aloxamentos de turismo rural, vivendas turísticas, apartamentos ou pensións e axencias de viaxes, repartidos por toda a provincia.
Con respecto á súa distribución, 51 son da Mariña; 27 da comarca de Lugo -17 deles da capital lucense- ; 21 da Zona Sur e o resto da comarca de Sarria (11), A Montaña (8), A Ulloa (7) e a Terra Chá (4). Arias lembrou que as firmas interesadas poden seguir solicitando a súa participación ata o remate do programa, a finais de ano.
O delegado territorial precisou que esta nova convocatoria permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno. Arias apelou unha vez máis á necesidade de unir esforzos en favor da recuperación económica no actual contexto, polo que instou á Deputación de Lugo a sumarse a este programa igual que o están a facer outras entidades provinciais galegas, como as da Coruña e Ourense, que xa confirmaron as súas achegas.
Salientou tamén que a boa resposta recibida pon de manifesto unha vez máis “a forza que está a demostrar o sector turístico da nosa provincia para resistir á pandemia despois dun ano de complicacións”, ademais “das ansias que temos todos de retornar á vella normalidade e de desfrutar do noso tempo de lecer con tranquilidade”.
Segundo lembrou Arias, a segunda convocatoria deste bono está dirixida a todos os cidadáns maiores de idade empadroados nun concello galego e que non foran beneficiados na convocatoria de 2020. A Xunta asume o 60% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 40%. Hai tres tipos de bonos: un de 250 euros -150€ abonados pola Xunta e 100€ polos beneficiarios-; outro de 375 euros -225€ abonados pola Xunta e 150€ polos particulares; e o terceiro de 500 euros -300€ pola Xunta e 200 polos particulares-.
Bono de descontos no comercio de proximidade
O delegado destacou que a Xunta adopta diversas medidas para paliar os efectos da crise sanitaria nos sectores máis afectados. Así, lembrou que hoxe abre o prazo para que os establecementos interesados se adhiran ao Bono Activa Comercio, un programa dotado cun orzamento de 10M€ que se repartirán en bonos de desconto de 30 euros dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes de toda Galicia, co fin de dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade. Está previsto que o prazo de solicitude para os consumidores abra a principios de maio.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



