Os populares cren que “os intereses de Vilalba deben situarse por enriba de dinámicas políticas externas” e que “o BNG terá que explicar aos vilalbeses para que vota en contra dos orzamentos se despois non acepta ningunha solución alternativa”
Vilalba, 21 de abril de 2026. “O BNG e Vilalba Aberta non están para dialogar, senón polo non a todo”, segundo advirten dende o PP Vilalba trala negativa de ambas forzas a manter reunións de traballo que tiñan proposto os populares a pasada semana para “dar resposta ás necesidades do Concello e dos vilalbeses”. Pero, “o BNG eliminou, dun día para outro, a pesar de que xa tiñamos data marcada e Vilalba Aberta non quere dialogar nin reunirse con nós”, explican.
O Partido Popular de Vilalba reiterou a súa vontade de diálogo e colaboración co resto de forzas políticas do municipio co obxectivo de desbloquear a situación actual do goberno no Concello onde a alcaldesa, a socialista Marta Rouco, “non logrou aprobar os orzamentos municipais, nin superou unha cuestión de confianza á que chegou abocada pola súa propia soberbia e arrogancia”.
Os populares explican que “o representante do BNG non puxo, nun principio, impedimento ningún a reunirse co PP vilalbés”. De feito, “había data marcada”. “Pero a raíz das últimas noticias sobre a posible moción de censura en Lugo anulou a reunión”, apuntan. O PP cre que “os intereses de Vilalba deben situarse por enriba de dinámicas políticas externas”.
Pero “o BNG parece estar máis pendente de resolver os problemas do seu partido que os problemas dos vilalbeses”. Polo que cren que “terá que explicarlles aos veciños e veciñas para que votou en contra dos orzamentos municipais se non acepta ningunha solución alternativa. É un claro caso do non polo non do BNG”.
Vilalba Aberta tamén rexeitou a posibilidade de manter un encontro co Partido Popular. Para os populares, esta negativa súmase á xa expresada por outras formacións como o BNG e o PSOE o que, ao seu xuízo, “evidencia unha postura conxunta de rexeitamento a calquera iniciativa que proveña do grupo popular”.
Desde o PP de Vilalba cren que “todo isto deixa claro o futuro político de cara ás vindeiras eleccións municipais: Vilalba Aberta e BNG sempre van apoiar a cegas ao PSOE”. Polo tanto, hai dúas opcións: “ou o PP saca maioría absoluta ou repetirase a situación de inestabilidade dun goberno de esquerdas”.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



