Un club histórico que vive un momento difícil
Burela, 19 de abril, 2026. Hai dezaoito anos, un humilde Burela lograba ascender á Primeira División de fútbol sala cun equipo formado maioritariamente por xogadoras da casa. Aquel proxecto converteuse nun referente estatal no deporte feminino, acumulando un palmarés extraordinario: oito Copas de Galicia, seis Ligas, sete Copas da Raíña, seis Supercopas, unha 4 Nations Futsal Cup e unha Futsal Women’s European Champions.
O club tamén foi pioneiro na profesionalización das súas xogadoras, creando un convenio que lles permitiu dedicarse exclusivamente ao futsal, un fito histórico no deporte feminino español.
Este ano, porén, chega un dos momentos máis duros: o equipo queda matematicamente descendido a Segunda División, tras unha derrota especialmente dolorosa en Vista Alegre.
Un partidazo sen premio
O Reyco Burela FS asinou probablemente o seu mellor encontro da tempada en Vista Alegre. Coas opcións de permanencia xa ao límite, as xogadoras de Belén Feal estiveron moi preto de lograr a primeira vitoria na casa. Foron superiores a un rival en postos de playoff, adiantáronse en dúas ocasións e dispuxeron de oportunidades claras no tramo final. Pero un gol de Mariángeles Villa no epílogo acabou por decidir o partido.
Primeira parte: dominio e intensidade
O Burela entrou ao encontro cunha versión moi ofensiva. Nos primeiros minutos, María Valsera evitou o gol local e a defensa murciana despexou unha falta perigosa de Cris Blanco. As mariñás presionaron alto, dificultando a saída de balón do Roldán e xerando varias ocasións a balón parado.
A oportunidade máis clara chegou no minuto 10, cun remate de Irene que Valsera salvou in extremis. O premio ao esforzo chegou cun golazo de Lara, culminando unha contra iniciada por Sydorenko.
O Roldán respondeu no último minuto da primeira parte, aproveitando un rexeite tras unha gran intervención de Ana Eliza para establecer o 1-1.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 3-4 STV Roldán
Reyco Burela FS (3): Ana Eliza; Cris Blanco, Laura Barranco, Sandra, Irene -quinteto inicial-, Gabi, Sillvia Rubal (C), Laura Barranco, Macarena, Sydorenko, Lari.
STV Roldán (4): María Valsera; Laura, Alba Gandía, Bárbara, Ceci –quinteto inicial-, Andrea, Mariángeles Villa, María Valverde, Rocío, Eva Ardil, Judit
Goles: 1-0, min. 13: Lara. 2-1, min. 18: Bárbara- 2-1, min. 22: Lara. 2-2, min. 26: Silvia Rubal (PP). 2-3, min. 33: Ceci. 3-3, min. 36: Lara. 3-4, min. 39: Mariángeles
Árbitros: Iria de Luis // Gael García // María López. Por parte del Reyco Burela FS viron a tarxeta amarela Lara (22’) por parte do STV Roldán, Laura (6’), Kilian Belmonte (6’) e Mariángeles Villa (35’). Viu a tarxeta vermella, por parte do Roldán, Andrea (34’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


