Un inicio eléctrico en Vista Alegre
Burela, 19 de abril, 2026. O segundo partido da Tarde Laranxa comezou coa enerxía propia dun Vista Alegre entregado. O Burela entrou forte ao encontro e no minuto 4 chegou o 1-0, obra de Raid, que aproveitou un balón morto na área tras un disparo previo de Charly.
A ocasión máis clara chegou un minuto despois, cun remate de Alberto que se perdeu rozando o segundo pau. No minuto 8, Jason estivo a piques de ampliar a vantaxe cun disparo frontal que tamén se marchou por moi pouco.
O Móstoles respondeu con dous intentos perigosos: Torero despexou un tiro de Armando no 10 e volveu intervir no 11 ante un bo disparo de Suko.
No minuto 15, Carlitos fixo o 1-1 nun man a man con Torero tras unha recuperación en media pista. Pero o Burela non baixou o ritmo e, no último minuto da primeira parte, Alán asinou o 2-1 cunha xogada individual espectacular, superando dous defensas antes de fusilar a portería.
Segunda parte: ritmo, goles e sufrimento
O segundo tempo mantivo a intensidade e o ritmo alto. No minuto 26, Alán volveu aparecer para marcar o 3-1, roubando en pista propia e superando a Rafa Luque no cara a cara.
O Burela tivo opcións para ampliar a vantaxe: primeiro Jason, que se atopou co porteiro visitante, e despois Mauro, que enviou fóra o rexeite.
No minuto 32, Carlitos rozou o gol para o Móstoles e, pouco despois, chegou o 3-2: Aarón Chamorro aproveitou un roubo a Torero nunha saída de porteiro para marcar a porta baleira.
A resposta do Burela foi inmediata. No minuto 34, o capitán Charly dirixiu un contraataque perfecto que rematou 4-2.
O partido non deu tregua e, un minuto despois, Suko fixo o 4-3 cun disparo axustado ao pau tras combinar con Armando.
Final de infarto e defensa impecable
Nos últimos minutos, o Móstoles apostou polo xogo de cinco con Palomares como porteiro-xogador, buscando o empate. O Burela mantivo unha defensa sólida e ordenada, resistindo ata o final e asegurando unha vitoria moi traballada ante a súa afección.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 4-3 MRB FS Móstoles
Reyco Burela FS (4): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Alberto , -quinteto inicial-, Alán, Jason, Bingyoba, Mauro.
MRB FS Móstoles (3): Rafa Luque, Aarón Chamorro, Suko, Cristian, Jiménez –quinteto inicial-, Palomares, Carlitos, Velasco, Káiser, Manu Diz, Armando (C).
Goles: 1-0, min. 4: Raid. 1-1, min. 15: Carlitos. 2-1, min. 20: Alán. 3-1, min. 26: Alán. 3-2, min. 33: Aarón Chamorro. 4-3, min. 35: Pitero.
Árbitros: Christian Castro // Noelia Gutiérrez // Iván Feliz // Andrea González. Por parte do Reyco Burela viron tarxeta amarela Raid (11′), Jason (26’), Bingyoba (26’) e Alberto (finalizado o partido). Por parte do Móstoles, Aarón Chamorro (28′).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela. Realizouse un acto previo ao partido donde se lle fixo entrega dun obsequio ao equipo infantil das Escolas Deportivas Burela FS polo seu ascenso a Liga Galega
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


