Dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo, reclamaron na última sesión plenaria celebrada a finais de marzo a través de varios rogos, unha serie de peticións centradas na conservación do patrimonio local, o mantemento dos espazos públicos e a eficiencia na xestión dos servizos básicos do Concello

oplus_0
Mondoñedo, 20 de abril, 2026. Os Socialistas de Mondoñedo emprazaron ao goberno municipal a adquirir unha varredora mecánica para reforzar o servizo de limpeza viaria. O grupo socialista sinala que, aínda que se trata dunha inversión importante, “é imprescindible para mellorar a imaxe das rúas”. Engaden que esta maquinaria permitiría optimizar tempos de limpeza e liberar persoal para outras tarefas de mantemento en espazos públicos.
O PSOE lembra que o goberno local adquiriu recentemente unha rasenteadora, da que “a día de hoxe descoñecemos onde está ubicada nin se chegou a utilizar”. Para os socialistas, a limpeza da cidade “é unha prioridade que debe responder ás demandas da veciñanza”.
Reposición de bancos na Alameda dos Remedios
O Grupo Socialista tamén instou ao executivo local a repoñer os bancos retirados da Alameda dos Remedios, un espazo emblemático de convivencia. Consideran que non se pode privar a veciños e visitantes dun elemento básico para o desfrute deste entorno. No pleno, o goberno informou de que os bancos “están a ser arranxados”.
Proposta dun grupo de traballo pola Estación de Autobuses
O PSOE solicitou a creación dun grupo de traballo específico para abordar a situación da Estación de Autobuses, que presenta problemas de uso e mantemento. A proposta inclúe reunir a organismos públicos, colectivos e veciñanza para buscar solucións conxuntas. O goberno local indicou que dispón dun orzamento enriba da mesa para mellorar esta infraestrutura.
Convenio cos artesáns dos Muíños e outras cuestións
No apartado de interpelacións, o PSdeG preguntou pola renovación do convenio cos artesáns dos Muíños. O goberno respondeu que está a traballar nunha nova ordenanza municipal.
Tamén se interesaron polo estado da Ponte de Arco en Masma, actualmente cortada ao tráfico. O executivo explicou que están pendentes de informes sobre a situación dos seus piares.
Respecto á Casa da Cultura, pechada desde hai anos, o PP indicou que non hai unha data exacta para finalizar as obras, pero que a previsión é facelo “antes do verán”.
Parque eólico “Baro” e actuacións do Plan Rexurbe
O PSOE preguntou pola posible instalación do parque eólico Baro, un proxecto que xera preocupación social. O goberno local afirmou que o proxecto está en tramitación previa e que o Concello “non deu conformidade”.
Tamén solicitaron información sobre as obras nun edificio fronte á Praza de Abastos, dentro do Plan Rexurbe, onde desapareceu a fachada orixinal de madeira e adobe. O executivo explicou que non tiña consistencia e non se podía conservar.
Por último, os socialistas preguntaron polas actuacións previstas nas pistas de Argomoso e na estrada Maariz–Supena, que o goberno confirmou que están incluídas no Plan Único da Deputación.
Crítica á xestión municipal
O PSOE advirte de que a falta de dilixencia do goberno local en cuestións como o mantemento de espazos verdes ou a mellora das infraestruturas “prexudica a estética urbana e hipoteca o futuro de Mondoñedo”, ao manter instalacións pechadas ou en condicións precarias.

oplus_0






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



