Riotorto, 19 de abril 2026. Unha representación do BNG asistíu este domingo á XVII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto. A deputada e viceportavoz do Parlamento Olalla Rodil, xunto co deputado mariñao Daniel Castro, o responsable de Medio Rural na Deputación de Lugo, a deputada Iria Castro e o responsable comarcal Antonio Veiga e cargos orgánicos e institucionais da comarca acompañaron aos edís de Riotorto Luis Fernández, Maria Campo e á portavoz municipal Vanesa Gómez Lourido, nunha exitosa xornada nesta feira que leva organizando xa dezasete anos a Asociación de Ferreiros de Riotorto.
Esta feira iniciada polos ferreiros da localidade tivo desde o seu comezo sempre un importante apoio do BNG e sigue a telo a día de hoxe. Os representantes nacionalistas mantiveron conversas cos profesionais e artistas do ferro durante a xornada, observando o seu bo facer. “Para nosoutras, esta é unha feira de referencia, igual que o é para toda a provincia e todo o país. Aquí podemos comprobar toda a potencialidade do noso rural e o talento que amosan estes profesionais do ferro que con moito esforzo consiguen manter esta importante actividade no rural, unha proba máis de que o rural, coas correspondentes axudas e medidas axeitadas desde as administracións tén moito futuro e nosoutras acreditamos nel”, afirmou Olalla Rodil.
En términos semellantes pronunciouse Vanesa Gómez Lourido, concelleira-portavoz municipal do BNG en Riotorto, que recordou tamén que o apoio a esta feira e á Asociación de Ferreiros de Riotorto é contínuo ao longo dos anos.
Destacou tamén a importante axuda da Vicepresidencia da Deputación e da Área de Cultura da mesma institución a este evento, non só con aportación económica a través de convenios, senón tamén co financiamento de grupos musicais, como Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre que actuaron no día de ontes con gran éxito de público.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



