Viveiro, 21 de abril, 2026. Resurrection Fest Estrella Galicia e DUX presentan unha colaboración pioneira que une dous universos aparentemente afastados —a música en directo e os e‑sports— baixo unha mesma visión: comunidade, traballo en equipo e paixón compartida.
Desde 2006, o Resurrection Fest Estrella Galicia consolidouse como un dos festivais de música extrema máis importantes de Europa, reunindo cada ano a milleiros de asistentes en Viveiro (Galicia). O festival destaca non só polos seus escenarios, senón tamén pola súa identidade propia, construída arredor da cultura alternativa, a conexión entre persoas e a experiencia colectiva.
Pola súa parte, DUX naceu en 2018 e desde entón competiu con éxito en torneos nacionais e internacionais de FIFA e NBA 2K, logrando títulos a nivel estatal e europeo. O club é un referente internacional nos e‑sports e foi pioneiro ao dar o salto ao fútbol profesional como copropietario do DUX Logroño, na Primeira División Feminina, converténdose no primeiro club de e‑sports en facelo. Ademais, destaca polo seu enorme impacto dixital, situándose entre os clubs españois con máis visualizacións en YouTube e TikTok. En 2021, anunciou a súa entrada histórica na NBA 2K League coa franquía DUX INFINITOS.
Música e gaming: dous mundos que comparten comunidade
Esta colaboración nace precisamente dese punto en común: crear espazos onde distintas disciplinas convivan e se potencien. Música e gaming comparten emoción, identidade, pertenza e unha forma de entender o entretemento como algo colectivo.
Unha camiseta exclusiva como símbolo da unión
O resultado materialízase nunha camiseta de fútbol exclusiva, deseñada para a ocasión e producida xunto a Puma. A peza representa o encontro entre ambos mundos e reivindica o concepto de equipo máis alá do deportivo.
A camiseta estará dispoñible a partir do 21 de abril de 2026 a través de Resurrection Wear.
A colaboración cobra aínda máis sentido polo contexto no que xorde: o Resurrection Fest Estrella Galicia celébrase sobre un dos campos de fútbol máis emblemáticos de Viveiro, un espazo que durante uns días deixa de ser terreo de xogo para converterse en punto de encontro para milleiros de persoas. Onde antes se xogaba ao fútbol, agora vívese a música… e, con esta iniciativa, tamén o xogo en todas as súas formas.
Un paso cara a un futuro máis colaborativo
Con esta proposta, Resurrection Fest Estrella Galicia e DUX reforzan a súa aposta por un futuro máis colaborativo, inclusivo e aberto, no que as fronteiras entre disciplinas se difuminan e a comunidade continúa sendo o eixo central.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



