As formacións serán sobre atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en viveiros, xardíns e centros de xardinaría
Ortigueira, 20 de abril de 2026. O Concello de Ortigueira recibiu a confirmación oficial por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a posta en marcha do obradoiro dual de emprego denominado “Terras do Ortegal III”. Esta iniciativa, que conta cunha subvención global de 454.354,17 euros, desenvolverase de forma conxunta cos municipios de Cariño, Cerdido e Mañón para mellorar a empregabilidade na comarca do Ortegal. A súa execución estenderase durante un período de nove meses.
O programa formativo e laboral comezará oficialmente o 1 de xuño de 2026 e permitirá que vinte alumnos e alumnas traballadores se formen en dúas especialidades de alta demanda profesional. Dez das persoas participantes especializaranse en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, realizando as súas prácticas en centros de referencia como a Residencia Dolores Díaz Dávila, ASPROMOR e AFAL Ferrolterra. Os outros dez alumnos centraránse en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría, encargándose do mantemento e mellora de espazos públicos estratéxicos como a zona do porto de Ortigueira, o polígono industrial A Rega e as áreas verdes próximas á pista polideportiva de Espasante.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, expresou a súa satisfacción ante a resolución favorable deste expediente, destacando que “la concesión de este taller es una noticia excelente para el municipio y para los ayuntamientos vecinos que participan en el proyecto”. Segundo o rexedor, este investimento de case medio millón de euros “repercute directamente en la calidad de los servicios públicos”. Calvín subliña que grazas a este programa “se reforzará la atención a nuestros mayores y dependientes en centros locales y se llevará a cabo una puesta a punto estética y ambiental de zonas de nuestra villa y parroquias”.
A resolución administrativa especifica que a subvención cobre tanto os custos da formación profesional como os salarios derivados dos contratos de traballo que se subscribirán co alumnado. O rexedor ortegano incide en que este tipo de programas duais representan “la mejor herramienta para combatir el desempleo”, xa que “combinan la teoría con una práctica real que beneficia a toda la comunidad”.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



