Foz, 18 de abril, 2026. O colectivo mariñeiro de Foz amosa o seu malestar pola ausencia de novidades sobre o proxecto de dragaxe do Porto, anunciado pola Xunta de Galicia no pasado mes de setembro. Segundo trasladan desde o sector, tanto a confraría como diversas asociacións —especialmente as vinculadas á pesca deportiva— esperaban ter información antes de rematar o ano pasado. Porén, chegado abril, non se produciron avances nin comunicación oficial.
O portavoz do BNG en Foz, Francisco Xavier Fanego, explicou que esta preocupación foi trasladada ao deputado Daniel Castro, quen levou o asunto ao Parlamento galego para obter unha resposta do Partido Popular. Fanego sinalou que o compromiso que agardan é “o inicio das obras canto antes”.
Pola súa banda, Daniel Castro afirmou que “non é de recibo que o sector siga sen saber nada e sen ver ningún avance nunha actuación tan necesaria e tantas veces prometida”. Engadiu que non entenden “o escurantismo” arredor dun proxecto que, ao seu xuízo, debería estar executado desde hai anos.
Proposición non de Lei para esixir prazos
O BNG anunciou que, a través de preguntas na Comisión 8ª e mediante a presentación dunha Proposición non de Lei, esixirá que a Xunta inicie de inmediato os traballos de dragaxe e concrete en que mes de 2026 prevé comezar as obras.
Desde a formación nacionalista aseguran que esta situación evidencia de novo “o abandono ao que o Partido Popular somete a Foz”, especialmente no relativo ao mar e ao Porto, polo que instan ao Goberno galego a rectificar e cumprir cos compromisos adquiridos coa localidade.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



