SANTIAGO .- Asegura a conselleira de Sanidade que o modelo de xestión integrada persigue potenciar o papel da Atención Primaria e dos hospitais comarcais, dándolles capacidade para resolver “máis e mellor” os problemas de saúde dos cidadáns.
Nota de Prensa
A CONSELLEIRA DESTACA QUE A XESTIÓN INTEGRADA POTENCIARÁ O PAPEL DE ATENCIÓN PRIMARIA E HOSPITAIS COMARCAIS, DOTÁNDOOS DE MÁIS AUTONOMÍA
Aos centros comarcais corresponderalles a xestión unitaria dos recursos, dos traballadores e materiais do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios
As estruturas de xestión única permitirán unha Administración máis lixeira, reducindo o seu custe e facéndoa máis próxima e eficiente
Satisfarán as necesidades de saúde da poboación cunha atención próxima, resolutiva e prestada co menor tempo de espera, minimizando a variabilidade clínica e eliminando duplicidades de procedementos diagnósticos e terapéuticos
Santiago, 9 de xuño de 2010.- A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, asegurou hoxe que o modelo de xestión integrada persigue potenciar o papel da Atención Primaria e dos hospitais comarcais, dándolles capacidade para resolver “máis e mellor” os problemas de saúde dos cidadáns.
Por iso, explicou, a Xunta está a traballar na elaboración dun decreto que define estas estruturas de xestión única, que permiten unha Administración máis lixeira, reducindo o seu custe e facéndoa máis próxima e eficiente. “Non haberá que ir unhas veces ás oficinas da xerencia de primaria, outras ás do hospital e outras á dirección provincial. Non haberá unha historia no hospital e outra no centro de saúde. Non haberá dúas ou tres unidades de compras”, explicou.
Á vez, potenciarase o papel dos hospitais comarcais, aos que lles corresponderá a xestión unitaria dos recursos, dos traballadores e materiais do seu ámbito territorial, así como das prestacións e programas sanitarios. Así, puxo como exemplo que nas áreas do Barco, de Burela, do Salnés e de Monforte a xerencia será única para os servizos de atención primaria e hospitalarios dentro da súa área, é dicir, reforzarase a coordinación e a capacidade asistencial das áreas, que dependerán da Xerencia do Sergas.
“Achegamos os servizos aos cidadáns, non modificamos o mapa territorial, senón que nos dotamos de estruturas de xestión que permitan mellorar e modernizar o funcionamento do sistema sanitario público de Galicia, tamén nas áreas dos hospitais comarcais”, resumiu a conselleira de Sanidade.
Resposta ás necesidades dos pacientes
Ante o Pleno do Parlamento, Farjas indicou que o gran reto ao que se enfrontan todos os sistemas sanitarios é dar resposta ás necesidades asistenciais dos pacientes, en tempo e forma, e adaptándose aos cambios que se van producindo.
Neste momento, dixo, unha gran porcentaxe da carga de morbilidade preséntase en persoas con enfermidades crónicas, pluripatolóxicas, que fan precisas fórmulas para ofrecer de maneira integrada a asistencia sanitaria, xestión clínica e xestión por procesos, que faciliten a integración entre niveis asistencias e permitan diminuír a duplicidade de probas, os desprazamentos e os ingresos hospitalarios innecesarios e a variabilidade asistencial.
A conselleira lembrou que a organización tradicional do Servizo Galego de Saúde baséase nunha organización por niveis: un modelo de atención vertical, fraccionado, e sen continuidade asistencial.
“As estruturas teñen distintos obxectivos, e por tanto este modelo compartimentado resulta ineficiente, non satisface nin a usuarios nin a profesionais, nin responde como é desexable a unha xestión con criterios comúns ?lamentou-. Os cidadáns e os profesionais perciben chanzos, burocracia, falta de coordinación e de continuidade, engade carga financeira improdutiva, e o resultado é un sistema sanitario e unha atención moito menos eficaces”.
Así, na Lei de saúde de Galicia de 2008 encoméndaselle ao Sergas a introdución de modelos de xestión que dinamicen o servizo público, establecendo a introdución de fórmulas organizativas con visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais, facendo compatible o traballo coa atención integrada das necesidades asistenciais dos pacientes.
Pacientes como centro do sistema
“Por iso, dende a Consellería de Sanidade, sen alterar o mapa sanitario actualmente vixente, porque nós non xestionamos mapas, imos introducir, respectando a autonomía dos hospitais, instrumentos de organización e xestión para modernizar o sistema sanitario e mellorar o seu funcionamento ?asegurou-. O noso obxectivo é mellorar a accesibilidade, a eficiencia e a procura da maior calidade das prestacións sanitarias para os nosos pacientes, que son o centro da nosa actividade.”
Así, a responsable da carteira sanitaria de Galicia observou que “buscar unha mellora funcional non significa ter que cambiar a ordenación territorial” e avogou por crear un modelo de atención sanitaria centrado no paciente e avanzar na modernización e na mellora do sistema, un modelo que teña en conta non só a enfermidade senón tamén ao enfermo e o seu entorno: o seu lugar de residencia, as súas circunstancias persoais, a súa familia, etc.
Na súa intervención, Farjas Abadía subliñou que o compromiso da Xunta é prestar unha asistencia sanitaria axeitada, en tempo e forma, a todos os galegos, con independencia da súa idade, lugar de residencia ou problema de saúde que padezan, no menor tempo posible e no lugar máis próximo ao paciente.
Así, a atención integrada da asistencia satisfará as necesidades de saúde da poboación cunha atención próxima, resolutiva e prestada co menor tempo de espera, minimizando a variabilidade clínica e eliminando as duplicidades de procedementos diagnósticos e terapéuticos.
“É un cambio ambicioso pero necesario se queremos implantar a xestión por procesos e a xestión clínica”, declarou, engadindo que se quere acadar así mesmo que os profesionais traballen de forma conxunta, en equipos multidisciplinares, con obxectivos comúns, reducindo a variabilidade clínica e conseguindo así unha asistencia máis próxima ao paciente e máis resolutiva.
Por último, a conselleira considerou que no momento actual, marcado pola situación de crise económica, non é responsable tratar de crear na poboación inquedanzas relacionadas co eido sanitario, xa que isto non redunda nin no bo traballo dos profesionais nin na boa atención que se lles dá aos pacientes.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



