A Mariña, venres 14 de maio de 2021. O BNG como vén facendo xa nos últimos meses sumouse hoxe ás reivindicacións das confrarías de O Vicedo, Celeiro, San Cibrao, Burela, Foz e Ribadeo. Representantes do BNG nos diferentes concellos costeiros da Mariña desprazáronse aos lugares das concentracións nos portos de Burela e Celeiro esta mañá para manifestar o seu apoio ás protestas dos mariñeiros. O BNG defende sen fisuras o sector pesqueiro da baixura fronte á aplicación do Regulamento de Control da Pesca da UE, e unha vez mais amosa o seu apoio á baixura mariñá nas súas reivindicacións , “porque a aplicación deste novo regulamento supón un completo descoñecemento do sector da pesca de baixura por parte da Comisión Europea, moi lesivo para a frota”, afirmou o deputado nacionalista Daniel Castro en Burela esta mañá durante a concentración de protesta do sector.
O sector mais vixiado de Europa
A actividade pesqueira da baixura, así como a marisqueira, é o sector da pesca mais vixiado e controlado de toda Europa pois está suxeito a cotas máximas de capturas, puntos de control e vixilancia dos bancos marisqueiros, que están delimitados por especie e son sometidos a controis científicos, polo que é un sector que xa conta con medidas de supervisión, inspección e vixilancia que garanten a súa sostibilidade.
Por este motivo o Bloque coincide coas confrarías galegas ao considerar que aumentar os controis é innecesario e defende que Galiza debe exercer as súas competencias sen o control doutras administracións. Neste sentido, Daniel Castro apuntou tamén que “o BNG leva meses manifestando a súa oposición á obrigatoriedade de que todas as embarcacións de mais de catro metros teñan que estar xeolocalizadas e con cámaras a bordo para controlar a obriga do desembarque das capturas”
PP e Psoe deben correxir a súa postura
Desde o BNG afírm ase tamén que hai tempo para correxir todo o descoñecemento que desde hai décadas vén demostrando a UE sobre a baixura galega, e nese sentido Ana Miranda manifestou tamén que nas negociacións entre o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Consello Europeo é donde PP e PSOE poden e deben corerxir a a súa postura, pois cando tiveron ocasión non defenderon ao sector, votando a favor do regulamento.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.



