CERVO .- O Concello de Cervo creou unha oficina de atención ao cidadán para inventariar os danos provocados polo temporal, trasladará a información recollida ás distintas administracións unha vez estean artelladas as liñas de axudas
Nota de Prensa
Situada na Casa do Concello estará atendida por persoal municipal que recollerá a relación de perdas e desperfectos sufridos polos particulares a causa das choivas
CERVO CREA UNA OFICINA DE ATENCIÓN AO CIDADÁN PARA INVENTARIAR OS DANOS PROVOCADOS POLO TEMPORAL
* Trasladarán a información recompilada ás distintas administracións unha vez estean artelladas as liñas de axudas .
Cervo, 14 de xuño de 2010.- O Concello de Cervo avalía os inmensos danos provocados polo temporal de choiva no seu termo municipal e desde hoxe puxo a disposición dos cidadáns as dependencias do consistorio para que fagan chegar a relación de danos nas súas vivendas, propiedades e negocios co obxecto de ter no menor tempo posible cuantificada a magnitude dos danos ocasionados por estas enchentes.
O alcalde, Alfonso Villares, salientou a necesidade de que os veciños e propietarios de negocios fagan chegar “canto antes” esa relación de desperfectos no concello “para tratar de axilizar na medida das nosas posibilidades as posibles axudas que se poidan artellar desde as distintas administracións con competencias na materia” indicou.
Villares dixo que operarios municipais e persoal da Xunta de Galicia continúan traballando para restablecer a normalidade nos distintos puntos do término municipal onde se produciron danos despois do paso das choivas torrenciais que azoutaron o concello a pasada semana e reiterou o agradecemento ao Goberno autonómico pola axuda que está a prestar ao Concello “tanto en material como en persoal técnico” para acometer devanditos traballos.
Relación de danos
A primeira hora da mañá o alcalde mantivo unha xuntanza cos encargados dos distintos servizos municipais para solicitarlles a elaboración “de forma exhaustiva e detallada” dunha relación de danos e desperfectos nos bens de titularidade municipal e tamén nas infraestruturas pertencentes a outras administracións que se atopan no termino municipal -as cales basicamente se cinguen aos viais provinciais e á estrada nacional N-642- “para remitírllelas canto antes e que as teñan en conta para que fagan as obras de arranxo necesarias e para a non volver a ter que sufrir este tipo de estragos no caso que volvamos a padecer unhas choivas desta intensidade”. Así mesmo, Villares indicou que esta valoración de danos tamén servirá “para estar preparados cando calquera administración nos requira esta información e axilizar na medida do posible as axudas que se poidan habilitar” recalcou.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



