Visitaron a vella escola do campo da Igrexa de Muimenta, un espazo cheo de lembranzas da nenez e de cultura popular. Sentaron nos pupitres observando a pizarra e pizarrillo, os cadros con pergaminos e mapas de España, os silabarios, enciclopedias e outros libros antigos. A continuación, entraron no museo etnográfico das zocas, onde observamos os nomes de todas as ferramentas utilizadas neste laborioso e recoñecido oficio. Sorprendeulles a fila de diversas madreñas e a conservación dun carro antigo. Tamén os paneis coas fotografías dos encontros anuais dos xogos tradicionais.
Un grupo de persoas usuarias do centro de día de Abadín realizou a súa primeira excursión tras a pandemia
Un grupo de persoas usuarias do centro de día de Abadín realizou a súa primeira excursión tras a pandemia
Relacionado
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
O Grupo Popular demanda que a Xunta inclúa a praza vacante do centro de saúde da Fonsagrada en futuras ofertas de emprego de difícil cobertura
-
Alertan ao ministro Luis Planas do grave impacto da macrocelulosa de Altri nos sectores primarios galegos