Santiago de Compostela, 17 de Xullo 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, participou en Cervo nun acto político dentro da campaña que o BNG desenvolve por todo o País con motivo do Día da Patria, un 25 de Xullo, indicou “para celebrar a nación galega”, que este ano terá a “emoción especial” dos reencontros tras quince meses de pandemia, da lembranza das persoas que xa non están e a emoción do agradecemento a todos e todas as que deron o mellor de si para coidarnos, como xs profesionais da sanidade ou as traballadoras das residencias.
Para a líder nacionalista, o PP representa o pasado fronte o un Bloque Nacionalista Galego que representa o futuro, “un BNG que cada vez suma máis apoio social, que suma cada vez máis galegos e galegas que queren unha Galiza viva, xusta e con oportunidades. Unha maioría social que non deixa de medrar e que ve en nós a alternativa real ao PP para avanzar cara unha Galiza mellor”.
E para construír ese futuro hai que poñer a riqueza do País ao servizo do País, superar os vetos, os atrancos e o espolio auspiciado polas forzas estatais, que se alternan na súa discriminación con Galiza. ALCOA San Cibrao, indicou, é un exemplo dese agravio.
“Aquí na Mariña temos con ALCOA un exemplo de libro de como as forzas estatais nos discriminan impedindo que nos beneficiemos da nosa riqueza eléctrica. E vemos o absurdo de ter miles de postos de traballo en xogo polo prezo da enerxía cando somos produtores de electricidade”, denunciou.
Intervención da SEPI
Pontón indicou que o BNG seguirá moi de cerca o encontro previsto o vindeiro luns entre a ministra de Industria, Reyes Maroto, e a dirección da multinacional, e volveu pedir a intervención da SEPI: “O futuro pasa porque haxa unha mediación da SEPI nesa compra, porque moito nos tememos que de non ser poderíamos estar ante outro fiasco como o vivido en ALCOA na Coruña, e sería unha irresponsabilidade por parte do Goberno do Estado e da Xunta permitir un novo fracaso”.
O Bloque traslada todo o apoio aos traballadores e traballadoras e insta ao executivos central e autonómico a garantir o emprego, vital para a comarca da Mariña.
Pontón tamén fixo referencia ao congreso que o PP celebra hoxe en Santiago, preguntándose se o xefe do Executivo galego non ten as súas prioridades alteradas, despois de que onte proclamase que o seu obxectivo é levar a Pablo Casado á Presidencia do Estado.
“Precisamos un presidente centrado en Galiza, pero o propio Feixóo dinos que o seu obxectivo é levar a Pablo Casado á Moncloa, cando o seu obxectivo debería ser sacar Galiza da crise e darlle unha oportunidade á xente nova para que non teña que coller as maletas; debería estar centrado en reforzar a sanidade e poñer en marcha outro modelo de coidados que non fixera negocio coa vellez, en apoiar a ciencia e a investigación, en definitiva, en defender os intereses do noso País”, argumentou Pontón.
Pontón animou aos galegos e as galegas a celebrar o Día da Patria, “un 25 de Xullo de reivindicación e de poñer ante o mundo a existencia dunha nación que se chama Galiza e que quere conquistar un futuro mellor desde a confianza no País”, concluíu.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



