Nota de Prensa
Desde o primeiro momento a delegada territorial da Xunta trasladouse á zona xunto con técnicos de emerxencias da Xunta para coordinar o operativo ao que se incorporou con posterioridade dous conselleiros: o de Presidencia e o de Medio Ambiente
O PP DA MARIÑA ESPERA QUE LARA MÉNDEZ NON SEXA UN OBSTÁCULO PARA A COLABORACIÓN ENTRE AS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS NA REPARACIÓN DOS DANOS DO TEMPORAL
* Os populares responden ás críticas do PSOE lembrándolles que, a diferenza do acontecido co ciclón Klaus, durante este temporal a Xunta actuou con rapidez e eficacia.
* O Goberno de Feijoo articulou con urxencia as medidas precisas para facerlle fronte aos danos ocasionados polo temporal e hoxe mesmo aprobou o decreto polo que se mobilizan preto de 5 millóns de euros en axudas a concellos, particulares e empresas.
A Mariña, 17 de xuño de 2010.- Os populares da Mariña consideran especialmente desafortunadas as críticas realizadas pola vicepresidenta da Deputación provincial Lara Méndez, quen no día de onte censurou a visita do Presidente da Xunta á Mariña. Desde o PP chaman á responsabilidade desta deputada provincial que nunha mostra do seu nerviosismo permanentemente confunde reiteradamente a súa posición institucional e emprega o cargo para efectuar críticas partidistas. Neste senso esperan que Méndez non sexa un obstáculo para a colaboración entre as distintas administracións, porque os veciños non aceptarían que se antepuxeran os intereses políticos partidistas ás súas necesidades e á reparación efectiva dos danos. Os populares consideran tamén incomprensible que no PSOE pode sentar mal algo positivo para a nosa comarca como é que a Xunta dea unha resposta áxil e urxente a unha situación extraordinaria como a que tivo lugar co temporal de choivas.
O Partido Popular quixo lembrarlles tamén aos socialistas que, a diferenza do acontecido cando tivo lugar o ciclón Klaus, no que a xestión do Goberno bipartito se caracterizou pola improvisación e a falta de reacción, hoxe o novo Goberno de Galicia actuou ante o temporal de choivas con rapidez e eficacia, en atención á magnitude do sucedido, articulando de xeito inmediato as medidas precisas para facerlle fronte aos danos ocasionados e desenvolvendo a normativa necesaria para facer posible a mobilización de preto de 5 millóns de euros en axudas urxentes para concellos, particulares e empresas.
OPERATIVIDADE INMEDIATA
Os populares sinalan que desde o primeiro momento –noite do 9 de xuño- a delegada territorial da Xunta, Raquel Árias, trasladouse á zona xunto con técnicos dos servizos de emerxencias autonómicos para coordinar todo o operativo no que chegaron a participar máis de 200 persoas. Inmediatamente dous conselleiros, o de Presidencia, Alfonso Rureda, –que visitou os concellos o día 10- e o de Medio Ambiente, Agustín Hernández, -que mantivo unha xuntanza cos alcaldes un día despois do seu compañeiro de Goberno- supervisaron o funcionamento dos servizos e fixeron unha primeira avaliación dos danos e do operativo despregado.
Segundo o PP o que de verdade lle molesta aos socialistas é que ante este tipo de circunstancias tan extraordinarias os servizos da Xunta teñan dado unha resposta inmediata, porque esta situación contrasta co acontecido cando PSOE e BNG estaban no Goberno. Os populares insisten en que os dirixentes autonómicos non viñeron como acontecía no pasado para facerse unha foto, senón para coordinar operativos, supervisar danos e tomar decisións, como a adiantada no día de onte polo Presidente da Xunta, e que hoxe vén de consumarse tras ser aprobado o decreto de axudas polo Consello de Goberno.
RESPONSABILIDADE E COOPERACIÓN
Finalmente os populares chaman á responsabilidade aos partidos da oposición para que cada un deles, alí onde teñen responsabilidade de Goberno, se sumen aos esforzos que está a desenvolver o Executivo autonómico na recuperación das zonas afectadas polas choivas. Ao mesmo tempo lembra que o que os veciños queren escoitar dos políticos non son críticas baleiras de contido e acusacións sen fundamento, como as que protagonizan os socialistas, senón capacidade de entendemento, traballo e coordinación máxima entre Xunta, Deputación e Goberno central, para ofrecer unha resposta axeitada e coa maior rapidez posible.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



