A Asociación Amigos da Maruxaina, con motivo do XXV aniversario da creación da Festa da Maruxaina, organiza unha xeira de actos este domingo dia 20 e invita a todos que queiran participar nos actos e, sobre todo o Xantar de Irmandade que se vai celebrar na carpa situada na Prazoleta de San Ciprián, para que retiren as invitación en locais do pobo ou a través dos directivos da asociación. O programa: 12:00h Concentración de maruxainas-os na Prazoleta. 12:30h Inauguración, na Casa da Cultura, da exposición: ”MAruxaina: 25 anos da festa,dunha lenda,deste pobo”. A saída, fronte o Museo, faremos unha foto para lembrar este día e cantaremos o Himno de San Ciprián. 13:00h na Penameá o son dos cornos e gaitas descubrimento da placa conmemorativa do XXV aniversario obra do maruxaino Ánxel Cao homenaxe en memoria dos-as maruxainos-as que xa non están. Entrega dun colar maruxaino á nosa nereida nas pedras da Penameá. 14:30h Xantar de irmandade na carpa situada na Prazoleta. 17:30h Catro vellos mariñeiros acompañarán á MARUXAINA, que virá desde a Cova de Xan Vello para tomar un papado de queimada con nós. 18:00h O Queimador Maior hanos de preparar unha Queimada para os presentes. Homenaxe as comisións de festas: entrega de figuras da Maruxaina, os presidentes das Comisións de Festas destes XXV anos.


















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



