A Mariña , 8 de outubro de 2021. Un paciente denuncia que tras o seu ingreso de once días, debido a una neumonía bilateral por covid-19, leva seis meses agardando para coñecer o seu estado de saúde despois de facer distintas probas. O home foi dado de alta dada a boa evolución clínica, a pesar de persistir alteracións radiolóxicas, con illamento estrito durante catorce días máis. Foi citado na consulta de Medicina Interna o 22 de decembro de 2020, e aí indícanlle que debe facer unha radiografía e unha analítica para coñecer a súa evolución, probas que realiza en abril de 2021. Desde esa data está agardando para coñecer o resultado das probas.
O home refire que lle quedaron secuelas tas a infección, pois sinte moito cansancio e que “non me atopo coma antes da enfermidade, nin moito menos e penso que é excesiva esta tardanza, estou preocupado polo meu estado de saúde, quero saber se teño algun problema serio ou non”- explica .
O paciente decide contactar coa Plataforma Sanitaria para facer unha reclamación.
Dianta desta demora tan escandalosa, o paciente decide contactar coa Plataforma sanitaria da Mariña para que lle axuden na redacción e rexistro da correspondente reclamación. Con data do 6 de setembro de 2021 presenta a reclamación no Hospital da Mariña, con número de rexistro 01769. Ata o momento só recibiu unha carta de Atención ao Paciente onde lle comunican, con moi boas palabras, que están a poñer todos os medios, que o lamentan profundamente e pídenlle desculpas.
Desde este colectivo esiximos que se deixen de tanta palabrería e tanto gasto de papel para non dicir absolutamente nada e que non enganen á xente deste xeito tan vergoñento, pois poñer todos os medios posibles significa dotar do persoal necesario nos servizos nos que hai infradotación – que a día de hoxe son práticamente todos – para garantir unha atención digna, co tempo de agarda máximo que marca a lei e que está a incumplirse de xeito flagrante e continuado.
Segundo comenta a coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, “sabemos que este servizo ten un déficit importante de especialistas desde hai moito tempo, e xs profesionais que hai nestes momentos están a sufrir sobrecargas moi importantes de traballo que merman a súa propia saúde e impiden que a atención sexa de calidade”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



