Madrid, 29 de novembro de 2021. O Ministerio de Industria recibiu esta tarde a proposta que Alcoa dirixiu aos representantes sindicais da súa planta en San Cibrao e que se basea no desenvolvemento dun plan de viabilidade que ofrece a continuidade do emprego e unha solución para a fábrica a medio-longo prazo.
Alcoa asume varios compromisos: un permiso retribuído aos traballadores durante o cesamento temporal; o compromiso de non acometer despedimento colectivo algún en catro anos, ata 2025; o rearranque das cubas o 1 de xaneiro de 2024 ata chegar ao 100% da produción de aluminio primario e o intento de alcanzar canto antes preacordos de subministración eléctrica para un período de medio-longo prazo a partir de 2024.
Tamén expón o cesamento transitorio da actividade de electrólise e da planta de ánodos, coa consecuente parada das cubas.
A posición do Goberno de España sempre se orientou cara a dous obxectivos que han de ir necesariamente da man: o mantemento do emprego e o mantemento da capacidade produtiva de aluminio primario da planta, a medio e a longo prazo.
Desde o Ministerio de Industria esperamos manter unha reunión nos próximos días onde Alcoa explique a todas as partes interesadas – Goberno de España, Xunta de Galicia e Comité de Empresa – os termos da proposta con maior detalle e en particular, o plan industrial que detalle os investimentos necesarios para garantir as capacidades industriais e a competitividade da planta. Así mesmo, é necesario un maior detalle sobre as actuacións que garantan a base actual de clientes e os seus contratos de subministración.
O Ministerio de Industria reitera o compromiso firme do Goberno co mantemento da planta e dos postos de traballo e a confianza de que se traballamos xuntos – Goberno, Xunta, sindicatos e empresa – chegaremos a unha solución definitiva que garanta o futuro da planta.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



