Nota de Prensa
Luis Pedre: “o concello non lle pideu á Deputación nin unha soa marquesiña”.
O concelleiro popular afirma que hai sitios onde poñelas.
Pedre considera que esta é unha nova demostración do pouco traballo do alcalde.
O concelleiro popular Luis Miguel Pedre manifestou hoxe que “o bipartito burelés non lle pideu nin unha soa marquesiña á Deputación Provincial de Lugo”.
Pedre indica que “a Deputación enviou un escrito ó Concello no que se indicaba a posibilidade de solicitar marquesiñas, con preferencia para a rede viaria provincial, pero abrindo a posibilidade á rede urbana municipal”. No escrito, “no que se solicitaba prudencia á hora de pedir, tamén se fixaba como data limite para efectuar a solicitude o 19 do pasado mes de Xullo”.
Pois ben, Luis Pedre afirma “que o alcalde o que fixo foi ser extremadamente prudente, porque nin consta petición no rexistro do Concello nin consta petición na Deputación”. Desde o PP, continúa Pedre, “entendemos que se podía colocar unha no cemiteiro municipal, e outra á altura da Marosa, porque son zonas nas que hai espacio, con certa afluencia de xente, e as estradas son propiedade da Deputación. E de non optar por esa solución, hai lugares abundantes na malla urbana de Burela para colocalas, mesmo substituindo a algunha das existentes que están mui deterioradas”.
Para o concelleiro popular, “esto é unha nova demostración do pouco traballo do alcalde, porque as subvencións, ainda que sexan escasas, hai que aproveitalas. Pero pouco ou nada se pode esperar de quen non ten ningún interese en solucionar problemas e traballar polo día a día”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



