Viveiro, 19 de xaneiro de 2022. A Policía Local de Viveiro disporá este ano 2022 dun vehículo da DGT mediante unha cesión temporal, grazas á sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e a Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo.
Así, os axentes de Policía Local contarán cun vehículo rotulado da ‘Dirección General de Tráfico’ e equipado para levar a cabo as labores de vixilancia e control da circulación de vehículos nas vías do municipio, sinalización e intervención en accidentes de tráfico, e tamén para a participación nas diferentes campañas que a DGT pon en marcha ao longo do ano.
Dando resposta ás demandas veciñais dun maior control da velocidade en determinadas vías de Viveiro, o vehículo contribuirá a mellorar a seguridade viaria no concello, tanto dos conductores como dos peóns.
A esta cesión tamén hai que engadir outros equipos, como é o caso dun cinemómetro Autovelox, outro Multanova, dun etilómetro de precisión ou evidencia e dun etilómetro dixital ou de aproximación.
A velocidade é un factor clave na seguridade viaria que, segundo os datos da DGT, a nivel estatal está presente no 23% dos accidentes mortais. En canto ao alcohol, o 25% das mortes en estradas europeas están relacionadas coa presenza de alcohol nos conductores.
A Policía Local de Viveiro levará a cabo, durante o ano 2022, diferentes controis policiais nas vías urbanas da súa competencia, coa finalidade principal da prevención, tanto de previr que personas que consumiran alcohol ou drogas circulen ó volante polas estradas, como de evitar os excesos de velocidade polas rúas do municipio.
A versatilidade do cinemómetro Autovelox, que tanto pode ser usado incorporado a un vehículo como nun trípode a pé de estrada, permite aos axentes establecer controis de velocidade naquelas rúas mais sensibles, tanto pola vulnerabilidade da maioría dos seus usuarios, como polas queixas recibidas pola cidadanía. Así é o caso de rúas de tráfico compartido por vehículos e peóns, zonas de paseos marítimos, áreas de influencia escolar, zonas 30 Km/h, etc.
O xefe da Policía Local de Viveiro destaca a importancia destes convenios de colaboración para mellorar a seguridade viaria, e pon en valor o compromiso adquirido tanto polo Concello, a través da súa alcaldesa, María Loureiro, como da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, a través do seu Xefe Provincial.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



