Ribadeo, 19 de xaneiro 2022. O goberno de Ribadeo, o BNG, deixou de novo claro o seu sectarismo e o seu escaso talante democrático, ao fío da reunión con Sanidade en relación con centro de saúde. O portavoz popular, Daniel Vega, indica que “a reunión celebrouse na Xunta de Galicia a petición da Consellería de Sanidade, que pedía que fora con toda a corporación municipal, pero o BNG, concretamente o alcalde, vetou que asistiran os portavoces da oposición, tanto do grupo socialista como do popular”.
Vega sinala: “Este veto di moi ben como son no BNG: moi pouco democráticos e moi sectarios. En todo caso, para nós iso é realmente igual; o que importa é que esta reunión celebrouse e que se aportaran os terreos necesarios para construír o novo centro de saúde”. O portavoz popular lembra: “Nós, cando anunciamos que a Xunta ía construír un novo centro de saúde, xa pediamos terreos. Temos que recordar cal era a postura do BNG, do alcalde, que era que se amañase o actual centro de saúde, porque ben chega. Tamén se dixo polo goberno, polo BNG, que non había terreos para construír un novo centro de saúde”.
“Agora hai terreos, como diciamos nós. Por iso, xa hai tempo aportamos varias posibilidades, e destacabamos unha delas: a antiga estación de tren, porque está céntrica e próxima a autovía”, explica o portavoz de Ribadeo.
Os populares din: “O que queremos todos é o novo centro de saúde e incrementar a carteira de servizos sanitarios, incorporar ao 061 dentro do espazo do centro de saúde e así chegar máis rapidamente ao hospital de A Mariña”. Vega engade: “Iso é o que queremos todos: un novo centro de saúde. Agora o que pedimos é que rapidamente se busque a mellor ubicación para construír o centro de saúde que demanda Ribadeo, que quere Ribadeo e que necesitamos todos os veciños de Ribadeo”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


