Foz, 7 de marzo de 2022. Catorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra este xoves e venres. Foi presentado hoxe, luns, no salón de actos do centro polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a xefa territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o director do IES focense, Nicolás Asensio. No acto participou tamén o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, xa que se aproveitou a presentación para inaugurar a food truck do IES de Foz, vehículo que foi acondicionado coa colaboración do centro de formación profesional ribadense.
O delegado da Xunta destacou que “es una muestra del gran trabajo que se hace a través de los centros, por parte de los profesores y de los alumnos, y de la apuesta por la FP que hace la Xunta de Galicia”.
O alcalde de Foz manifestou: “para nós é sempre un orgullo poñer en valor estes grandes profesionais da hostalería que están saíndo do IES de Foz. E estes campionatos tamén serven para que a xente recoñeza que debemos contar con grandes profesionais en todos os sectores e animar a todo aquel que queira traballar en hostalería a que veña formarse porque hai grandísimos mestres neste centro. Precisamente nunha comarca tan eminentemente turística como A Mariña temos que apostar por que o sector cada vez se especialice máis”.
O director do IES de Foz explicou que “este campeonato nos abre una ventana a la normalidad, después de una situación que ha sido dura durante estos años. Lo importante del campeonato, siempre lo es pero este año quizás más, son los alumnos y las alumnas que van a participar y los que están colaborando junto con el departamento en montar todo esto, que da muchísimo trabajo. Los representantes del IES de Foz en esta ocasión son Sergio Bartomeu Casabella -un alumno de 2º del Ciclo Medio de Servizos- y Gutiérres Lima Nascimiento, que es un alumno de 3º del Ciclo Dual Doble Titulación en Dirección de Cocina y Dirección de Servicios. Agradecerles las horas que le han echado y las ganas que tienen y desearles, sin pretender favoritismos, que les vaya muy bien”.
Nicolás Asensio tamén agradeceu a colaboración das administracións e dos medios de comunicación.










No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.