Foz, 28 de marzo, 2022. Nos últimos meses asistimos a unha suba brutal de prezos de produtos e servizos básicos que ten como consecuencia perda de poder adquisitivo e empobrecemento das clases populares. Na práctica, estamos diante dunha desvalorización monetaria, que se traduce nun abrupto empobrecemento da maioría da sociedade. Quen chegaba a fin de mes con dificultades, hoxe xa non chega e quen xa non chegaba, agora moito menos. O BNG de Foz reclama garantir dereitos e unha vida digna para as clases populares galegas. As persoas que cobran o mesmo salario ou pensión que hai un ano, pagan moito máis cara a electricidade, os carburantes, a bombona de butano, a cesta da compra ou o aluguer . Mentres moitas familias non poden pagar a luz ou a calefacción, as tres grandes eléctricas gañan en 2021 máis de 6.500 millóns de euros e só o presidente Iberdrola, Sánchez Galán, embolsou 13,2 millóns de euros, 8% máis que en 2020. É simplemente indecente.
E, frente a esa realidade, o Goberno fala de contención salarial e dun ‘Pacto de rendas’. E a Xunta de Galiza reclama ao goberno renunciando as sua competencias. Isto significa o asalto ás rendas do traballo para salvar as do capital. A estratexia que deberían adoptar as administracións, pasa por medidas como as que defende o BNG de Foz, por iso propon insta ao pleno do Concello de Foz a instar a Vicepresidenta Primeira do Goberno do Estado e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital a baixar o IVE de alimentos básicos e de productos de hixiene, a subida de salarios e das principais prestacións sociais conforme ao IPC, aumento de pensións mínimas, unha reforma fiscal profunda; a intervención no mercado da enerxía e a vivenda para garantir dereitos e vida digna;. Así mesmo, instar a recortar os beneficios das empresas eléctricas e desvincular os prezos de gas e electricidade. Tamén instará á Xunta de Galiza a reclamar as mais de 2000 vivendas do SAREB no noso país para poñelas a dispor das rendas mais baixas e empregarse como vivendas sociais, tamén á Xunta á debida Protección do sector agro-gandeiro e marítimo-pesqueiro evitando a venta a perdas, impulsando a compra pública de pensos para garantir a subministración e a impulsar axudas e bonificacións po lo incremento dos custos de producción. Estas e outra propostas deberían ser aceptadas no vindeiro pleno do Concello de foz
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



