Viveiro, 22 de abril, 2022. No verán de 2019 viviamos na comarca unha das maiores consecuencias de non prever os medios sanitarios necesarios en eventos que congregan moita xente. Máis de 80 mulleres foron gravadas cunha cámara oculta, nunha situación íntima durante as festas da Maruxaina de Cervo, e o resultado das gravacións foi nalgún caso subido a páxinas pornográficas.
Os aseos públicos habilitados eran insuficientes, ao igual que ocorre no Concello de Viveiro durante eventos multitudinarios: Semana Santa, Mercado Renacentista, festas de San Roque, eventos que teñen lugar nos Xardíns Noriega Varela, ou mesmo en época estival pois Viveiro chega a triplicar a súa poboación.
Existen baños públicos noutros lugares, mais en pleno casco histórico non se conta con este servizo a pesares de existir instalacións para tal fin como son os aseos ubicados nos baixos do Templete da Música, e que dende o BNG instamos xa o agosto pasado, a realizar os trámites necesarios para reabrirlos.
Outra das ubicacións máis concurridas do noso concello, San Roque, tampouco conta con este servizo a pesar de existir instalacións sanitarias propiedade da Comunidade de Montes, fóra de uso.
As condicións de limpeza e salubridade das rúas do casco histórico en época festiva a parte de insana roza o repulsivo, primeiro para as persoas que vivimos aquí e segundo para as persoas que visitan un concello que presume de servizos para o turismo.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG solicita ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes ACORDOS:
. Que se executen os trámites necesarios en relación co acordo aprobado para reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños das instalacións do Templete da Música.
. Cooperar coa comunidade de montes de San Roque para que os baños que existen nas inmediacións do parque permanezcan abertos.
. Incluír no orzamento de 2023 unha partida que permita a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de festas, eventos multitudinarios e tamén durante o período estival.
. Prever na medida do posible que as instalacións mencionadas estean adaptadas á normativa actual en canto accesibilidade e servizos, así como que dispoñan de máquinas expendedoras con material de hixiene persoal nos aseos.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



