Ribadeo, 9 de maio de 2022. Concluíron en Ribadeo os cursos de formación en hostalería, que se celebraron o 30 de abril e o 7 de maio, e o de diagnose de vehículos, que tivo lugar o sábado e domingo nas instalacións Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
A actividade formativa de Apaga seguirá nas próximas semanas. Para os días 11 e 12 de xuño está programado un curso sobre soldadura mig mag e os días 19 e 20 de xuño outro sobre climatización no automóbil. E prepara tamén un curso sobre drons.
Álvaro Doural, o presidente de Apaga, conta que “vamos a continuar ahora con más intensidad con otros cursos. Uno sobre drones en el que va a permitir sacar la titulación necesaria para volar con dron, uno de soldadura mig mag y otro sobre climatización en el automóvil. Además ya estamos preparando el Fórum de Innovación, que se realizará a finales del mes de agosto”.
Apaga sigue tamén coas súas actividades europeas: “continuamos también con toda la actividad europea, que es frenética. En este momento hay dos grupos de profesores en Croacia y en Francia, y habrá unas próximas salidas a Estonia y a República Checa. En la semana de las Letras Galegas habrá aquí una reunión transnacional sobre el proyecto de aprendices. De ahora al mes de diciembre va a haber una intensidad tremenda de los proyectos europeos en los que estamos, porque en este momento estamos ejecutando el de 2020, estuvimos dos años parados, y ahora tenemos que ejecutar todo lo pendiente”.
Todas as persoas interesadas na formación de Apaga poden obter máis información no seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com ou chamando aos teléfonos 639 88 49 45 ou 629 09 67 11.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



