O Vicedo, 17 de maio, 2022. Este luns foi presentado o Trail do Vicedo na emblemática praia de Caolín, no Concello de O Vicedo. A presentación correu a cargo do Alcalde de O Vicedo, D. Jesús Novo Martínez, de integrantes do Club Lar de Trail, Montaña e Sendeirismo, coorganizadores da proba, e de Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, falecida no mes de xuño de 2021, e á que está adicada esta edición do Trail, xa que foi unha das súas principais impulsoras na primeira edición de 2019.
Na presentación informouse que a participación será moi importante, pasando dos 450 inscritos, repartidos nas 3 disciplinas: Andaina, Trail 15k e Trail 28k. A inscrición pecharase este mércores 18 de maio ás 15h (a andaina xa está completa).
Tanto a andaina como o Trail 15k partirán das inmediacións do Fuciño do Porco, un dos emblemas turísticos do Concello de O Vicedo e o Trail largo sairá da zona de meta, situada este ano na Rúa do Porto. Outra das novidades deste ano é o trazado do trail largo, xa que pasará polo límite municipal e provincial, pegado ás pontes sobre o Río Sor. O trazado é moi técnico cun desnivel positivo de 1300m.
En canto á andaina e Trail curto, o percorrido é totalmente costeiro, pasando por lugares de tanta sona como o Fuciño do Porco, a praia de Area Grande, praia de Xilloi e praia de Caolín.


























Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.


