Lugo, 25 de xuño de 2022. O Partido Popular da provincia de Lugo pide ao Goberno de España “que copie” o modelo eólico da Xunta de Galicia e facilite tamén os trámites dos proxectos para a subministración de Alcoa. Deste xeito, a presidenta, Elena Candia, adianta que, en apoio ás demandas dos traballadores da factoría de San Cibrao, presentarán mocións nos Concellos da Mariña con este obxectivo e co fin de que o Executivo de Sánchez garanta “dunha vez por todas” a reactivación da planta.
O Goberno galego xa está a tramitar coa maior axilidade posible os proxectos eólicos da súa competencia, especialmente aqueles declarados como iniciativas empresariais prioritarias, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente e cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial en Galicia, vinculando estes proxectos a garantir polo menos o 50% do consumo de enerxía do devandito centro (nomeadamente no caso de planta de Alcoa en San Cibrao).
Trátase, por tanto, avanza Candia de “facilitar axilidade na tramitación dos proxectos eólicos cuxa autorización é competencia estatal, adoptando todas as medidas que permitan dar prioridade ás instalacións e favorecer deste xeito a subministración eléctrica á industria. É unha necesidade”, afirma, pois “o Goberno ten que escoitar aos traballadores e demostrar claramente que ten un compromiso para garantir a viabilidade da fábrica. É hora de que o Goberno escoite a Galicia”.
Neste senso, a dirixente provincial lamenta que o BNG teña permitido que quedase “en papel mollado o pacto do que tanto presumiu entre Adriana Lastra e Ana Pontón”. “O Goberno debe comprometerse coa Mariña de Lugo, que certifique a reactivación da planta de Alcoa San Cibrao canto antes, así como a participación en todas as reunións do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, responsable de establecer un marco enerxético competitivo que garanta o futuro da produción de aluminio primario. Os traballadores estano esperando”, engadiu Candia. A este respecto, desde o PP tamén consideran necesario activar o Perte para descarbonizar a industria electrointensiva en cogobernanza coas Comunidades Autónomas.
E é que segundo, apunta, “se o Goberno Central non fai a súa parte, non se van dar as condicións para que a planta poida reiniciarse en xaneiro do 24, aínda que a Xunta está a facer todo o posible para que así sexa”.
Modelo eólico galego
En Galicia estase a desenvolver un modelo eólico que responde a unha planificación ordenada e respectuosa co medio ambiente co obxectivo de garantir un equilibrio entre o necesario avance das enerxías limpas para garantir un marco enerxético estable e a descarbonización da industria, e a preservación dos espazos naturais. De feito, o 77,5% do noso territorio está blindado fronte a eólicos porque en Galicia está prohibido implantar novos parques eólicos na Rede Natura -non así na normativa estatal– e, ademais, somos unha das tres Comunidades Autónomas que dispón dun instrumento de ordenación como o Plan Sectorial Eólico (avalado pola Comisión Europea).
Así pois, a Xunta de Galicia só está a autorizar aqueles proxectos nos que -como resultado dunha tramitación transparente e rigorosa– se determina que cumpren con todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais establecidas pola normativa vixente. Neste sentido, está a esixir unha avaliación ambiental ordinaria para todos os proxectos eólicos actualmente en tramitación autonómica, cando a Lei estatal 21/2013 só obriga a pasar por este trámite máis completo aos parques de máis de 30MW e/ou que teñan máis de 50 aeroxeradores ou que estean a menos de 2 quilómetros doutro parque.
Desde 2020, a Administración galega ten autorizado 17 parques eólicos que suman 357,66MW de potencia, un deles – P.E. Airas con 23,35MW – na Mariña. Polo contrario, rexeitáronse e arquiváronse 84 solicitudes (2.295 MW) por estar fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico, ou en espazos da Rede Natura, solapamentos con parques en tramitación existentes, ou non dispoñer de permisos de acceso e conexión.
Igualmente, informáronse negativamente 65 proxectos de que tramita o Ministerio para a Transición Ecolóxica ao ter unha potencia instalada superior a 50MW. Neste caso, suman máis de 5.197MW e desde Galicia se informou de xeito negativo, fundamentalmente, por estar fóra do Plan Sectorial Eólico de Galicia. Sen embargo, o Ministerio mantén a súa negativa a arquivar estes proxectos eólicos, xerando unha grande inseguridade xurídica e unha alarma social innecesaria.
En virtude da disposición final sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, só se poden implantar parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan sectorial eólico de Galicia cando teñan unha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, posúan unha función vertebradora e estruturante do territorio e sexan declarados como tales polo Consello da Xunta de Galicia, a proposta da consellería competente en materia de enerxía.
E na actualidade trabállase nunha nova medida normativa que permita dar prioridade a aqueles proxectos eólicos que destinen o 50% da enerxía que produzan á industrias asentadas en Galicia a través de PPAs (Power Purchase Agreement), sempre e cando cumpran con todos os requisitos legais, ambientais e técnicos. Unha iniciativa que responde ao acordo impulsado en solitario polo Grupo Parlamentario Popular de Galicia o pasado mes de maio, e que será esencial para plantas como Alcoa San Cibrao ante os 275 expedientes que está a tramitar actualmente a Xunta pola decisión do Goberno de España de establecer uns prazos moi axustados para que os promotores eólicos poidan acadar a correspondente avaliación ambiental e autorización administrativa.












Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.