Ribadeo, 1 de xullo de 2022. Concello e Acisa ultiman algúns detalles do VII Ribadeo Indiano, que se celebrará do 8 ao 10 de xullo. A pregoeira desta edición, que está dedicada á muller, será a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
As antevésperas arrincan hoxe cun coloquio literario con Xesús Fraga na Casa do Viejo Pancho ás oito e media da tarde. E seguirán coas actuacións musicais de Jamila Purofilin mañá, sábado, no auditorio ás nove da tarde e o domingo no quiosco da música con Boroa tamén ás nove.
As vésperas do Ribadeo Indiano seguirán o luns, 4 de xullo, coa proxección no Teatro de Apuntamentos para un filme: A cicatriz branca, documentario sobre a película de Margarita Ledo Andión. O martes na rúa Rodríguez Murias terá lugar a inauguración da exposición fotográfica Mulleres galegas na emigración ás 20:30 horas e a continuación no Teatro está prevista a presentación do especial do mesmo nome, integrado no proxecto de Historias de Ida e Volta do Consello da Cultura Galega. As vésperas rematarán o 6 de xullo na praciña da Fonte Nova coa inauguración ás 20:30 horas do mural Estampas do retorno, de Joseba Muruzábal.
A programación do Ribadeo Indiano 2022 arrincará o 8 de xullo no Teatro ás sete da tarde co acto de presentación do evento e co pregón que pronunciará Rosario Álvarez, a presidenta do Consello da Cultura Galega. Ese día haberá a tradicional baixada ao peirao de Porcillán co cuarteto tradicional Illa Pancha, actuación alí mesmo da Banda Municipal de Música de Ribadeo para darlles á benvida aos indianos que chegarán esa tarde á vila ribadense.
Os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, explicou que “ao longo dos tres días do Ribadeo Indiano teremos moita música en diferentes recunchos da nosa vila como no quiosco do parque de San Francisco, onde haberá verbenas, no barrio de San Roque, no Cantón, onde contaremos con clase de bailes latinos. Gozaremos tamén cos acordes da actuación da Banda Municipal de Música de Ribadeo, celebrarase o XXVI Festival de Habaneras e Música Hispanoamericana. Teremos visitas á casa indiana de Don Inocencio, á Casa do Óptico, paseo polo legado indiano de Vilaframil, Rinlo e A Devesa, onde se celebrará o xantar campestre o domingo. Haberá Circo Indiano con Cayetano Lledó. Teremos o Mercado de Ultramar, Mercado da Horta, visitas teatralizadas, coloquios cinematográficos, xincana, torneo de petanca… Ribadeo converterase nunha bela postal de principios do século XX durante a fin de semana do 8 ao 10 de xullo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou que “desde a organización animamos a ribadenses e visitantes a disfrutar desta cita pola que levabamos dous anos agardando. Queremos que casas de comidas, hoteis, comercios e domicilios particulares se engalanen para a ocasión co obxectivo de ver un Ribadeo espectacular cheo de hortensias, de camelias, de palmeiras e tinguido de branco”.
Otero e Vizoso engadiron: “detrás desta programación hai moitos meses de traballo entre Acisa e o Concello para que este Ribadeo Indiano sexa unha cita inesquecible. Convidamos a todo o mundo a asistir aos actos previstos: aos musicais, aos teatrais, aos coloquios, ao pregón… que culminarán o domingo, 10 de xullo, co concerto da artista mexicana Lila Downs no barrio de San Roque a partir das oito e media da tarde. E despois será o sorteo presencial dunha viaxe a Cuba para dúas persoas. Vémonos no sétimo Ribadeo Indiano polas rúas e nas hospitalarias casas de comidas e de bebidas”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



