RIBADEO (FNC) .- O ascensor panorámico de Ribadeo comezará a funcionar mañá sábado, segundo anunciaba este mediodía o alcalde.
Fernando Suárez dixo que “o elevador comezará a funcionar quince despois de que personas do goberno estatal inaugurasen esta obra. Foi o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño o encargado de sufragar o investimento que ascendeu a millón e medio de euros. Un ascensor controvertido, pero que xa forma parte do noso acerbo arquitectónico urbano ribadense e que o Concello de Ribadeo ten que aceptar, asumir e costear os gastos de mantemento e conservación”. O rexedor explicou que “desde daquela tentamos poñelo en funcionamento, pero non estaban listas as cuestións eléctricas, despois destas dúas semanas por fin no día de hoxe os responsables da empresa en coordinación co ministerio indícanme que xa poden garantir que existe subministro eléctrico ao ascensor, polo tanto o Concello non ten ningún inconvinte en abrilo ao público a partires de mañá. Se non se abriu antes é porque non había subministro eléctrico e o Concello pouco podía facer, a responsabilidade do Concello ía tamén en dotar de liña telefónica ao ascensor, algo que non se podía facer namentras non contase con electricidade esa instalación”.
O alcalde supón que “será unha cousa moi visitada polos turistas, a partires de mañá abrirá as súas portas, pechará polas noites sen precisar os horarios e en función do número de visitas acortarémolo ou ampliarémolo un pouquiño máis. A preocupación que temos é de cara ao vandalismo, teremos que prestarlle especial atención porque non vai contar cun ascensorista. Eu négome a contratar a unha persoa para iso, eu estiven en contacto con algunha asociación de minusválidos para que nunha pequeniña oficina de dous metros cadrados puideran dar información turística ao mesmo tempo que vender algunha revista, pero declinaron amablemente a nosa invitación e o ascensor non terá a ninguén que o atenda. Nós non vamos a desviar recursos municipais para ter un ascensorista”.
Fernando Suárez engadiu que “a Policía Municipal e Protección Civil abrirano polas mañás e pecharano polas noites e será suficiente esta actuación” e lambrou que “nós non escollemos o día da inauguración e quizás alguén se anticipou a inaugurar obras en perfecto estado de revista para seren entregadas a quen as ten que manter que é o Concello de Ribadeo






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



