O programa arrancou o pasado luns, incluíu 14 conferencias e dúas mesas redondas e finalizou na xornada de hoxe con visitas aos museos mindonienses e a biblioteca do Seminario
Mondoñedo, 21 de xullo de 2022. Esta mañá rematou o II Seminario Internacional Mindoniense: Relacións histórica entre Galicia e Portugal. Mar, Guerra e diplomacia, que se celebrou dende o pasado luns en Mondoñedo, organizado polo Espazo Leiras. Sendas visitas institucionais á Biblioteca do Seminario de Mondoñedo e aos museos da cidade e un recorrido pola costa na Mariña lucense puxeron o punto final a este seminario.
Nestas xornadas cumpríronse os obxectivos do programa. Por un lado, fomentar a comunicación académica entre Portugal e Galicia. Por outra parte, converter a capital do Antigo Reino de Galicia en sede académica internacional de estudos galaico-portugueses. Outro dos obxectivos foi contribuír a que Mondoñedo afiáncese como sede de actividades académicas de verán.
No plano académico, Felipe Debasa, un dos directores do Seminario, aposta por reivindicar a herdanza das expedicións marítimas portuguesas e españolas, e no caso das españolas, o Pacífico e a Antártida. E tamén é necesaria, sostén o profesor Debasa, unha posta en valor das xestas dos navegantes galegos.
Os actos comezaron o pasado luns coa recepción a cargo do pianista Juan Rezzuto. As conferencias correron a cargo de Emilio de Diego, Manuel Mendoça, Miguel Monteiro, Fátima Rei, Gonzalo, Margarita Garcez, Joao Luis Cardoso, Fernanda Reis e Pedro Díaz. A mesa redonda da mañá estivo moderada por Abel Vigo, e a da tarde, por Felipe Debasa. O mércores interviron Marco Daniel Duarte, Marión Raeder, Javier Aparicio y Servando de la Torre. A mesa redonda moderouna Julia Labrador Ben, do Grupo Literario Leiras Pulpeiro.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



