Foz, 3 de agosto de 2022. O Concello de Foz vén de recibir unha subvención para a construción dunha pista multideporte en terreos do CEIP O Cantel, que dará servizo aos alumnos do centro en horario lectivo e a rapaces e rapazas de todo o concello fóra das horas de clase. A pista, presupostada en case 96.000 euros, será financiada a cargo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, con 62.532,48 euros, e con 33.433,13 euros a cargo de fondos propios municipais do Concello de Foz. A directora do CEIP O Cantel, Adela Seijo Cao, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, reuníronse no centro para tratar as características da pista e o seu funcionamento.
Trátase dunha pista multideporte cunha superficie de xogo de 30 por 15 metros, chan de resina deportiva e peche lateral a 1 metro en taboleiro fenólico. A pista permitirá a práctica de balonmán e fútbol sala, con dúas porterías antivandálicas de 3 metros de base e 2 metros de altura; o baloncesto, con dúas canastras fixas antivandálicas; e o tenis, voleibol e bádminton, cunha rede desmontable.
O alcalde agradece ao equipo directivo do centro, e en especial á directora, Adela Seijo Cao, e ao secretario e profesor de Educación Física Francisco Franco Paleo, a boa disposición para acoller esta infraestrutura: “non só vai permitir mellorar as instalacións deportivas do centro senón que tamén vai ofrecer unha gran infraestrutura deportiva a todas as veciñas e veciños de Foz, especialmente aos que residen máis preto, nas rúas Pintor Laxeiro ou Corporacións Municipais. As pistas van contar cun acceso independente desde o exterior, que estará aberto fóra das horas lectivas para optimizar o seu uso. É unha moi boa nova para o alumnado do centro pero tamén para todas as veciñas e veciños. En Foz fomentamos o deporte”.
Fran Cajoto engade que “estarán iluminadas con proxectores led e cumprirán toda a normativa vixente. Nestes momentos estamos a redactar o proxecto construtivo definitivo para acometer as obras con urxencia, tal e como establece a convocatoria da subvención, que ten uns prazos moi curtos. Agardamos causar as menores molestias posibles ao normal desenvolvemento do curso lectivo xa que as instalacións instalaranse nunha zona anexa ás actuais pistas exteriores, que se manteñen”.
Estas obras súmanse ás da envolvente térmica e renovación do CEIP Nº 1, xa rematadas, e ás que proximamente se acometerán no IES de Foz. E desde o Concello de Foz seguen a reclamar á Xunta de Galicia unha renovación profunda do CEIP Fondo Nois, con máis de 50 anos de antigüidade.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.