Por medio do blog de Wikimedia España, asociación relacionada con Wikimedia, a matriz da Wikipedia, e polo tanto, da Galipedia (a Wikipedia en Galego, a piques de cumprir 20 anos), Commons, Wikidata, Wiktionary… todas elas wikis con interface galega e contido licenciado en xeral para ser reproducible sen máis que adxuntando a cita de onde se obtivo (lic. CC BY SA 4.0 ou semellante). Por ese medio, digo, entérome das novas obras (literarias, musicais…) que en España pasan a estar no dominio público co comezo do novo ano. Neste caso, aquelas que corresponden ós autores e autoras que morreron en 1942, e que se xuntan a aquelas outras con autores mortos antes. A confección do listado, do que pode atoparse unha versión abreviada en https://www.bne.es/redBNE/datosgob/dominiopublico/DominioPublico1942-web.xls,corre a cargo da Biblioteca Nacional de España.
Nel hai xente como Miguel Hernández, e uns cantos galegos, incluídos Bernárdez, Manuel (1867-1942), Castillo, Pilar (1895-1942), Cora, Antonio de (1889-1942) -pode que en Ribadeo o que máis soe por mor da relación con El Progreso e a través da empresa, coa Comarca-, Fernández Mazas, Cándido (1902-1942), García Varela, Antonio (1875-1942), Pérez, Xosé (1900-1942), Portal Fradejas, José (-1942), Prado, Xabier (1874-1942), Regidor, Santiago (1866-1942), Salgado Toimil, Ramón (1883-1942), Vaamonde Lores, César (1867-1942) ou Ventín Durán, José Augusto (1884-1942).
Que pasen as súas obras ó dominio público significa que o que é de todos medra. Coido que está claro: antes do un de xaneiro de 2023, as obras da súa autoría podían xerar dereitos ós seus descendentes ou propietarios legais doutro tipo (unha empresa que mercara os dereitos, por exemplo). Por moito que a autoría sexa inalienable, a xeración de beneficios das obras si pode ter avatares diversos e facer que ata as bibliotecas teñan que pagar un canon por ter e prestar un determinado libro. Así está a lei. A mesma lei que di que agora, as obras deses autores citados, pasa a ser de todos no sentido, por exemplo, de que son reproducibles e poden distribuírse sen pagar dereitos. Ben, en realidade, a cousa é máis complicada, e hai xeitos legais e manobras amparada neles que fan o dito papel mollado nalgúns supostos. Pero basicamente é así: ese acervo cultural que naceu na nosa sociedade, e polo tanto cun autor ou autora influído polo seu entorno social sen o que non tería lugar o parto de ditas obras, pasa a ser legalmente comunitario, despois de ter podido beneficiar ós seus autores durante a súa vida e ós seus descendentes durante os oitenta anos seguintes, se uns ou outros non venderon os dereitos antes.
Deste xeito, con estas incorporacións, os comezos de ano non deixan de ser un respiro para un dominio público, propiedade comunitaria, que noutros aspectos se ve cada vez máis cercada, sexa pola perda de servizos, a ignorancia interesada de dereitos ou a submisión da xestión pública a intereses privados baixo diversas formas de corrupción do sistema, entre outras posibilidades.
Benvido o ano novo!




















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



