O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde, Carlos López, abriu a mesa redonda, na que participaron representantes de asociacións e empresas con ampla experiencia no turismo activo e rural
Lugo, 10 de febreiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, abriu este venres a mesa redonda celebrada ás vésperas da Feira do Butelo, baixo o lema lema Oportunidades de Turismo Sostible da Fonsagrada, e organizada polo Concello fonsagradino, coa colaboración da institución provincial e o grupo El Progreso. Un foro, moderado polo xornalista Javier Rivera, e que contou coa reflexión e debate de representantes de asociacións e empresas con ampla experiencia no turismo activo e rural da Montaña luguesa, da provincia e de Galicia.
José Tomé Roca felicitou ó Alcalde, Carlos López, e ó seu equipo de Goberno “por impulsar, un ano máis, este encontro de reflexión e debate”, porque salientou “toda iniciativa que axude a promocionar e dar visibilidade ós enormes recursos e oportunidades que ten A Fonsagrada é sempre positiva para este concello, para a comarca da Montaña, e para o conxunto da provincia de Lugo”. Neste sentido, recalcou o Presidente, “A Fonsagrada é un exemplo de dinamismo e de bo traballo”.
O mandatario provincial subliñou que, un ano máis, a institución provincial colabora con este encontro “dentro do noso compromiso de apoio firme e continuo ós 67 concellos da provincia”. Un apoio que, no caso da Fonsagrada “tradúcese en moitas e moi diversas iniciativas, pensadas sempre para mellorar a vida dos veciños e para dinamizar a economía”. Puxo como exemplo accións do goberno da institución, “como poden ser o Centro de Atención a Maiores, que puxemos en marcha fai xusto agora tres anos; os fondos do Plan Único; o proxecto do polígono industrial no que estamos traballando; ou tamén distintas accións de promoción turística, que é precisamente un dos motivos que nos reúne neste encontro”, indicou.
Destacou que o lema deste mesa redonda, en torno ao turismo sostible “concorda cun dos eixos da acción de Goberno da Deputación de Lugo”, xa que “apostamos por un modelo de turismo de calidade, de experiencias, desestacionalizado e non masificado, que valora o medio ambiente, o patrimonio cultural e etnográfico, e a gastronomía”. Un modelo que a Deputación viu reforzado logo da pandemia, e que “lonxe de ser un factor agresivo, o turismo sostible convértese nun aliado na conservación do entorno e das paisaxes, pon en valor o rural, e xera emprego sostible. Polo tanto, axuda a fixar poboación no rural”, explicou o máximo mandatario provincial.
O Presidente mostrouse convencido de que, con accións coma este encontro -de posta en común e de aportación de ideas-, “vamos seguir mellorando a nosa oferta turística de cara ó futuro e, polo tanto, a nosa capacidade para atraer visitantes e para xerar riqueza na provincia.
Mellorar a oferta
A mesa redonda Oportunidades de Turismo Sostible da Fonsagrada, que se celebrou na tarde deste venres no Salón de Plenos do Concello, contou ademais do Presidente da Deputación e o Alcalde fonsagradino, co relatorio de destacados representantes e asociacións vinculadas ao turismo activo e rural, como José Luis Fernández, presidente da Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN); Verónica Marcos, presidenta de Fademur en Galicia; Yanire Villaverde, xornalista e xerente da Casa da Lembranza na Fonsagrada; e Lidia de la Fuente, consultora de turismo e guía oficial de Galicia.
“Estamos a falar do atractivo dun destino como o de Ancares e Terras do Burón, que é un marco incomparable para todos os amantes do turismo activo, de aventuras e de natureza. Un modelo de ocio que busca tamén aloxamentos diferentes, como a Casa da Lembranza, e de iniciativas turísticas que están abrindo novas oportunidades de emprendemento e de emprego a mozos e mozas e, tamén, ás mulleres do rural”, manifestou José Tomé Roca en referencia aos compoñentes que formaron parte deste encontro de reflexión e debate.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



