Fai case 26 anos que temos que visitar a meu avó detrais dunha pedra de mármore. Fai case 26 anos que o único agasallo que lle podemos dar son flores. Fai case 26 anos que meu avó vive no cementerio PARROQUIAL de Burela. E dende fai uns días temos un horario para ir a visitalo. Podo ir poñerlle as flores entre as 9:00 e as 19:00 horas. Moi ben paréceme moi ben que se teña un horario, pero paréceme que a hora de peche non é moi axeitada en tempo de verán. Mais ca nada porque é día ata as dez da noite e sol brilla ata tarde marchitando as flores en pouco tempo. So lle pido o señor encargado do cementerio a quen se lle pagan uns vos atributos ala polo mes de novembro recapacite esta decisión e aumente o horario de peche polo verán. Incluso podía seguir a mesma rutina que se segue para as misas. Así todo o mundo sabería que cando cambiasen a hora no mes de outubro o cementerio pecharía a sete e a partires do mes de marzo (horario de verán) o cementerio pecharía as oito da tarde. Repito que me parece moi ben que haxa un horario, pero debe de ser un horario que non impida a ninguén ir visitar os seus seres queridos, pois hai xente que traballa e que de seguro preferiría non ter que ir a poñer flores a carón dunha pedra de mármore.
S.C.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



