A Mariña, 21 de marzo de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso para a súa adhesión ao SICTED – Sistema de Calidad Turística en Destino – e para a súa implantación. Faino ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, subliña que “o PTS na Mariña Lucense persigue potenciar o turismo en todas as vertentes da sostibilidade: económicas, socioculturais e medio ambientais, e así garantir o desenvolvemento dun modelo sostible e rendible para un destino con visión a longo prazo. O SICTED é unha ferramenta axeitada para colaborar na consecución deste obxectivo, pois permite aglutinar ao conxunto da oferta turística do destino e traballar en beneficio da calidade dos servizos”.
E explica que “o SICTED, dependente da Secretaria de Estado de Turismo, xurde da necesidade de dar unha solución para xestionar a calidade nos destinos turísticos, tendo en conta que un mesmo turista é atendido por profesionais de distintos oficios e que debe percibir un nivel de atención equilibrado. Este sistema, que aporta un enfoque coordinado de xestión dun destino turístico, foi pioneiro no ámbito internacional nos anos 2000. Coa súa adhesión, A Mariña Lucense será o terceiro destino da provincia de Lugo que se integra nesta marca que continúa sumando melloras nos destinos turísticos de España”.
Cajoto Caserío indica que “a través da implantación do SICTED a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense contará cunha canle de comunicación e coordinación formal coas empresas do sector turístico a partir da posta en marcha da Mesa de Calidade, un espazo de encontro e colaboración público-privado, onde se traballará conxuntamente para mellorar a calidade da oferta e a satisfacción dos visitantes”.
Outros obxectivos da Mancomunidade a través do SICTED son axudar a introducir ferramentas de xestión nas empresas obxecto de mellora da calidade; impulsar accións integradas a longo prazo para reforzar os negocios; mellorar a coordinación e o traballo en equipo entre as partes interesadas, a fin de alcanzar unha conciencia global do destino; sensibilizar á comunidade empresarial sobre a necesidade de desenvolver unha cultura de mellora continua; identificar proxectos para mellorar a calidade xeral; analizar os niveis de percepción da calidade dos usuarios / visitantes; agregar valor aos esforzos das empresas, mellorando a calidade; e introducir gradualmente a variable ambiental e social na xestión das empresas.
O presidente da Mancomunidade conta que “nesta primeira fase de implantación e durante o ano 2023 abordarase a inclusión de servizos ou oficios tradicionalmente turísticos relacionados coas oficinas de turismo, guías, museos, aloxamento, restauración e turismo activo, para en próximas anualidades continuar incluíndo outros recursos e actividades así como aqueles oficios que interactúan directamente co turista sen chegar a ser tradicionalmente turísticos: comercio, taxis, etc”.
Fran Cajoto explica que “os axentes que se adhiran comezarán un proceso de avaliación continua para a mellora da calidade totalmente gratuito para eles, pois os costes son asumidos a cargo do PST. Esta primeira fase implica traballar un pouco mais para coñecer e implantar as ferramentas que van permitir esa mellora, a modo de resumo, realizando 4 seminarios de formación con 2 asistencias técnicas colectivas e 2 asistencias individuais. No caso das empresas con Q de Calidade, estas convalidan o SICTED de forma directa. En seguintes anualidades a dedicación vese reducida respecto ao primeiro ano e, o que é mais importante, trátase dunha oportunidade para poñer en marcha o punto de encontro do sector turístico da Mariña”.
Dende a Mancomunidade convocan e animan ás oficinas de turismo, guías, museos, aloxamentos, empresas de restauración e turismo activo do destino a asistir á sesión de presentación do SICTED o vindeiro martes, 28 de marzo, ás 10:30 horas no salón de actos do CENIMA en Foz, onde se explicará en detalle que é o SICTED, que implica, e as súas vantaxes, para que podan así valorar a súa adhesión e con ela a creación entre todos dunha canle de comunicación público – privada do sector turístico na Mariña Lucense.
Agradecen que as persoas interesadas comuniquen a súa asistencia no teléfono 659 293 663 ou no correo info.turismo@amarinalucense.gal, onde tamén é posible resolver calquera dúbida ou aclaración.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



