NOTA DE PRENSA:
O Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa do PPdeG, xunto cunha emenda do BNG, onde tamén pide retomar a redacción do estudo de información do corredor de alta velocidade do Cantábrico, para sometelo a información pública no ano 2012
O PSDEG-PSOE VOTA EN CONTRA DAS PROMESAS DO MINISTRO DE FOMENTO SOBRE A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO AO RESPECTO DA SÚA POSTA EN SERVIZO NO ANO 2012
* O deputado popular Gómez Alonso criticou que menos da metade dos 84,75 km da Autovía que discorren por Galicia están en servizo, sendo un total de 34,6, cando o actual Ministro de Fomento prometeu a súa posta en servizo no ano 2011
* O voceiro de Infraestruturas do PPdeG criticou que o goberno socialista “aparcou definitivamente o AVE Cantábrico e desta forma a cornisa Cantábrica queda fora dun proxecto fundamental para as catro Comunidades Autónomas implicadas no trazado e para a súa conexión con Europa e que uniría unha poboación de 7 millóns de habitantes”
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2010.- O PSdeG-PSOE votou hoxe en contra das promesas do Ministro de Fomento sobre os compromisos na Autovía do Cantábrico e a súa posta en servizo no ano 2012. O voceiro de Infraestructuras do PPdeG, Gómez Alonso defendeu hoxe no Parlamento a iniciativa, xunto cunha emenda do BNG, onde tamén pide retomar a redacción do estudo informativo de información do corredor de alta velocidade do Cantábrico, contratado no 2003, para sometelo a información pública no ano 2012. A voceiro popular indicou que “non vamos a permitir ningún novo atraso nin novas programacións nesta infraestructura vital para Galicia “. Deste xeito indicou que tan só se poden aceptar os retrasos por problemas técnicos en dous tramos como son o de Carreira-Lindín, de 9,3 km, e o de Lindín-Mondoñedo de 4,7 km.
O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, indicou na súa intervención que os treitos da A-8 que discorren por Galicia teñen unha lonxitude de 84,75 km e “cunha inversión superior aos 461,92 millóns de euros o treito galego da autovía, despois de 4 anos, tan so conta con 34,6 km en servizo, ou sexa, menos da metade do total cando debería de estar en servizo totalmente no ano 2008”. O deputado popular comparou a situación dos treitos correspondentes a outras Comunidades Autónomas indicando que “en Asturias xa se pode circular polo 76% do viario, en Cantabria está en servizo todo o percorrido salvo dous treitos de 28 km e no País Vasco está en servizo toda a Autovía”.
Gómez Alonso pediu, deste xeito que “o Noroeste español deixe de ser tratado de forma discriminatoria polo goberno do Sr. Rodríguez Zapatero, que freou os avances impulsados polo PP en materia de infraestruturas e que se cumpra a promesa do actual Ministro de Fomento de finalización da Autovía para o 2011”.Así mesmo o deputado popular criticou que “o goberno socialista aparcara definitivamente o AVE Cantábrico e desta forma a cornisa Cantábrica queda forma para un proxecto fundamental para as catro Comunidades Autónomas implicadas no seu trazado, tendo en conta que suporía unha conexión ferroviaria directa con Europa sen necesidade de incorporarse aos eixes casteláns e que uniría unha poboación de 7 millóns de habitantes”.
Na iniciativa popular se defende que a Xunta inste ao Ministerio de Fomento a que retome a redacción do estudio informativo do proxecto de corredor de alta velocidade do Cantábrico (Ferrol-Asturias-Cantabria-Bilbao), do que se licitou a redacción do estudio informativo no ano 2003, para sometelo a información pública no ano 2012.


















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



