Ribadeo, 14 de agosto de 2023. Do 18 ao 20 de agosto terá lugar a IX feira ribadense do libro Letras no Campo. Durante eses días haberá presentacións de libros, exposicións e actividades para as crianzas e as súas familias, segundo deu a coñecer a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense explicou que “do 18 ao 20 de agosto teremos no parque a Feira do Libro Letras no Campo. Dará comezo o venres pola tarde co pregón de Lois Pérez, autor de A gruta da torre, que desenvolve a súa trama en Ribadeo. Haberá presentacións de diversos libros, uns divulgativos e outros máis intimistas, uns de narrativa e outros de poesías, uns de ficción e outros non, algúns de autores ribadenses e outros chegados de fora”.
Sanjurjo contou que “as casetas dos diferentes libreiros ofrecerán un 10% de desconto nos libros que se merquen na feira. Quero agradecer a dispoñibilidade e a presenza dos libreiros, xa que sen eles esta feira é imposible”.
E destacou “a programación dedicada aos lectores infantís e xuvenís, que inclúe presentacións de libros, contacontos e actuacións musicais. Paralelamente á feira levaranse a cabo diferentes actividades como unha exposición de edicións especiais de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, na actual Oficina de Turismo”.
A concelleira de Cultura subliñou que “ao remate das Letras no Campo será a entrega de premios ás ribadenses que están chamadas a ser as ilustradoras e as escritoras do futuro e que mereceron os galardóns provinciais no Certame das Letras Galegas deste ano 2023. Contamos con todos vós nas Letras no Campo”.
O horario da feira será de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 17:30 a 20:30 horas polas tardes.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.