Ribadeo, 14 de agosto, 2023. A embarcación de Foz, Maremasma, veterana dentro do certame deportivo, xa alcanzara a primeira posición en edicións anteriores, e volveu facelo no XII Trofeo ACISA de Vela Cruceiro celebrado durante os primeiros días da XXXIII Semana Náutica de Ribadeo. Na regata participaron un total de 12 embarcacións.
Á súa vez, Xiringüelo, embarcación local, conseguiu o primeiro posto na segunda regata, o XII Trofeo RCN de Ribadeo Semana Náutica. Na regata de vela tradicional, o XXV Trofeo Deputación, o primeiro posto quedou na casa, sendo a embarcación gañadora, Paradores, patroneada por alumnos da escola de vela do Club Náutico de Ribadeo.
“Estamos moi contentos e satisfeitos coa participación, superando xa o ecuador da XXXIII Semana Náutica”, afirma Pablo Fernández Ferreyra, presidente do Real Club Náutico de Ribadeo. A clausrua desta edición chegará co esperado XII Trofeo Abanca, coa súa travesía a Tapia de Casariego, que terá lugar o venres 18 ás 11:30 horas e a entrega de trofeos o sábado 19 a partir das 20:00 horas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
