A rexedora quixo agradecer moi especialmente o labor dos/das monitores/as e dos/das voluntarios/as destacando a súa gran implicación e compromiso “xa que deron o cento por cento en cada unha das actividades que se programaron facendo que este fose un verán inesquecible para as crianzas que compartiron momentos moi bonitos entre amigos/as”
Cervo, 11 setembro de 2023. O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa Cervo Concilia, que se desenvolveu ao longo do verán e ata o inicio deste novo curso escolar, no que participaron preto de 150 pequenos e pequenas.
Unha festa da escuma puxo o broche de ouro a este intenso e divertido verán, no que un ano máis este programa volveu ocupar un lugar moi importante, xa que, tal e como apuntou a rexedora, Dolores García Caramés, “é unha iniciativa xa moi consolidada e que nos identifica a Cervo cada verán coa intención de botarlles unha man ás familias na difícil tarefa de conciliar durante as vacacións escolares”.
O programa Cervo Concilia, que todo un clásico do verán cervense, está dirixido aos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como manualidades, teatro, ioga, kaiak, rutas de sendeirismo, inchables, actividades deportivas…
Neste senso a rexedora recordou que este programa naceu cun obxectivo fundamental “que é facilitar o día a día dos pais e nais durante esta época tan complicada como é o verán á hora de conciliar, e traballamos para dar cobertura ao 100% das familias cervenses, un obxectivo que este ano volvemos cumprir, xa que conseguimos que todos os/as nenos/as que quixeron participar tiveses acceso a este servizo de conciliación”.
Ademais, Caramés quixo ter un especial agradecemento co “marabilloso e profesional equipo humano co que contamos nesta edición”, formado por 12 monitores/as e numerosos voluntarios/as “entregados e implicados ao cento por cento” durante estes meses nos que realizaron un traballo espectacular cos nenos/as “que me consta que desfrutaron, aprenderon e compartiron momentos únicos e inesquecibles entre amigos”.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



