A institución provincial achega 3.000€ para a organización da proba, que discorre entre os concellos de Vilalba, Xermade e Muras e convoca a 250 ciclistas
Lugo, 25 de setembro de 2023. A Deputación de Lugo colabora coa Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa, que se celebra o vindeiro sábado 7 de outubro entre os concellos de Muras, Xermade e Vilalba. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este luns na presentación a cita, un acto que tivo lugar na Casa da Cultura da capital chairega, e que contou tamén coa presenza da Alcadesa de Vilalba, Elba Veleiro; o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas; o Alcalde de Muras, Manuel Requeixo; e o organizador da proba e presidente do Club Ciclista Terra Chá, José Carreira.
Marisol Morandeira deu os parabéns aos organizadores por sacar adiante a Ruta, “xa consolidada no calendario deportivo da provincia. Aínda que este ano non se puido disputar en abril, coincidindo coa celebración da Feira do Queixo de San Simón, o importante é que hoxe estamos aquí, e que outro ano máis será unha realidade”. Nese sentido remarcou as felicitacións ao Club Ciclista Terra Chá, que celebra nesta edición o seu décimo aniversario, “por ser quen de sortear as dificultades e organizar unha nova edición da ruta”.
“Unha ruta que, como vemos cada ano, xera moito interese na sociedade, atraendo a un bo número de participantes da comarca, da provincia e incluso de fóra”, sinalou a Deputada, quen valorou que se trata dunha “aposta que dinamiza a economía local e que é capaz de potenciar o valor turístico dos concellos nos que se celebra: Vilalba, Xermade e Muras”. Apuntou que esta iniciativa ten “unha forma diferente de atraer visitantes, que terán a oportunidade de coñecer o noso rico patrimonio natural e cultural dun xeito más activo, pois a ruta discorre pola Reserva da Biosfera Terras do Miño, con paisaxes únicas e lugares privilexiados”.
Lembrou Marisol Morandeira o modelo de turismo polo que aposta a Deputación dende hai anos, de proximidade e experiencias, “que encaixa perfectamente con esta iniciativa, e por iso colaboramos cunha axuda económica para que a ruta sexa unha realidade”. A institución provincial achega 3.000€ para a celebración desta cita.
A proba deportiva
A ruta, que reúne a 250 ciclistas, dará comezo ás 9:00 horas con saída dende a Praza da Constitución de Vilalba. Poden participar todos os ciclistas maiores de 15 anos que teñan unha licencia federativa en vigor. Como outros anos, a ruta máis longa percorre ao longo de 63 quilómetros os tres concellos, con 1.400 metros de desnivel positivo. Por outra banda, está a ruta de media distancia, de 50 quilómetros e 1.100 metros de desnivel positivo e, por último, unha proba máis sinxela de 35 quilómetros e 600 metros de desnivel positivo.









Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



