O Grupo Municipal Popular non entende que “para os socialistas a creación de emprego non sexa o suficientemente importante” e lamenta que non solicitaran axudas para o campamento de verán nin saiban con que partida orzamentaria pagalo, “o que demostra a súa improvisación”
Lourenzá, 16 de outubro de 2023. O Grupo Municipal Popular de Lourenzá advirte da “desgana” do goberno local socialista, “tal e como demostraron os seus membros no pleno celebrado esta semana” ao confirmar que non solicitaron axudas nin para o desenvolvemento dun obradoiro de emprego nin para a organización do campamento de verán.
Os populares non entenden que o goberno socialista rexeite un obradoiro para formar aos veciños no paro para mellorar a posibilidade e atopar un emprego ao mesmo tempo que lles proporciona un posto de traballo por uns meses -e todo pagado pola Xunta-. De feito, consideran “unha aberración” que o goberno local “se escuse dicindo que non hai xente interesada”, a pesar de ser coñecedores de importante número de persoas en situación de desemprego que rexistra o noso municipio. “Para eles non é o suficientemente importante”, consideran.
Igualmente, dende o PP lamentan que o equipo de goberno non solicitase a subvención para o campamento de verán escusándose en que requiría moitos trámites e era moi difícil de xustificar, o que demostra “poucas ganas de traballar, algo que non se debe tolerar de ningún representante público”. Tamén inciden na “improvisación” por parte do goberno socialista que “recoñeceu que non sabe de que partida orzamentaria concreta retirarán o diñeiro para pagar este servizo”.
Así, dende o Grupo Municipal Popular consideran que “Lourenzá merece un goberno responsable, que xestione debidamente as cuestións do día a día do Concello e que tamén atenda ás cuestións administrativas para tratar de captar axudas das que se poidan beneficiar os veciños e veciñas”.
Nese sentido, condenan que “o goberno local socialista desenvolva unha política de brazos caídos, a de facer o mínimo” como queda demostrado coa perda dunha brigada forestal contra incendios pola súa falta de traballo e previsión. Outro exemplo constitúeno os contedores soterrados da rúa Montero Villegas sen funcionar durante moito tempo no que foron substituídos por outros móbiles que ao estar sucios ofrecen unha mala imaxe aos veciños e visitantes, especialmente aos peregrinos do Camiño Norte.
Ademais da sucidade nos contedores, os populares reclamaron no pleno unha maior limpeza das rúas e beirarrúas propoñendo o desenvolvemento dun plan de limpeza periódico, pero “o goberno local aproveitou a situación de escaseza de auga para poñela como escusa cando todos os veciños e veciñas sabemos que non se limpan dende fai anos”.
PLENOS EN DIRECTO
Dende o Grupo Municipal Popular tamén reivindicaron a emisión dos plenos en directo, como fan outros Concellos, para os veciños e veciñas que queiran seguilo. Pero, “os socialistas aseguran que non é necesario”, conclúen os populares.





















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



