A Mariña, 25 de xaneiro, 2024. Ante a grave situación que está a crear Alcoa no incumprimento dos acordos, do que a CIG vén advertindo desde hai meses, a central nacionalista considera que é necesario e urxente adoptar toda unha serie de actuacións para garantir o futuro dos postos de traballo e do complexo industrial de San Cibrao. Neste camiño, a implicación real das Administracións Públicas resulta fundamental e imprescindíbel.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, asevera que os Gobernos español e galego non poden continuar na inacción “mentres Alcoa incumpre impunemente o pactado. É hora de actuar e deixarse de lamentos”. Afirma que non é certo que non se poida buscar unha saída se Alcoa non ten vontade. “Ao contrario, sempre houbo que forzar a Alcoa e mesmo impedir que executara os seus plans de desmantelamento e despedimentos”.
Pero para lograr este obxectivo, apunta Carril, “cómpre unidade de acción ante Alcoa dende bases claras e concretas e non sobre meras declaracións de intencións”.
Iniciativas urxentes
No actual contexto, para a CIG son obrigadas as seguintes iniciativas e que se desenvolvan de xeito simultáneo:
1.- Alcoa debe cumprir xa os acordos, comezar o re-arranque das series e a execución dos investimentos no forno de ánodos. Así mesmo, a produción en Fundición no volume de toneladas comprometidas no Acordo de decembro de 2021 e un calendario para a plena operatividade da planta de Alúmina.
2.- As empresas eléctricas coas que Alcoa ten subscrito PPA deben ser realidade xa, atendendo á capacidade de xeración de electricidade destas empresas, á potencia e megawatios que xa teñen adxudicados e aos datos de exportación de electricidade de Galiza, que cada ano vai en aumento. Non podemos seguir soportando a ameaza permanente de paradas de produción e peches de empresas sendo Galiza unha potencia xeradora de electricidade. O prezo da electricidade non pode ser seguir sendo unha escusa para Alcoa.
3.- O Goberno español ten que garantir que nos próximos Orzamentos Xerais do Estado figuren as partidas para que se acade o máximo que permite a UE no pago das compensacións por CO2.
Así mesmo, no prazo máximo de 9 meses debe comprometerse coa aprobación das medidas reclamadas desde hai anos pola CIG e por todo sector -e que o Estatuto Electrointensivo non resolveu-, para ter dunha vez unha tarifa industrial estábel, predicíbel e competitiva, como xa dispoñen noutros Estados da UE.
Reiteramos a necesidade dunha tarifa eléctrica galega que contemple o estabelecemento dunha bonificación directa na factura eléctrica do 30% para as actividades económicas, tal e como a CIG leva anos reclamando. En datas recentes, o Consello Económico e Social de Galiza tamén fixo súa e aprobou esta demanda con ocasión do ditame sobre o Proxecto de Lei de beneficios sociais e económicos dos recursos naturais de Galiza, promovida polo Goberno galego.
4.- Resolución na maior brevidade do expediente da DBR por parte da Xunta de Galiza.
5.- Os Goberno galego e español deberán estudar todas as accións legais e institucionais para garantir o cumprimento por parte de Alcoa de todos e cada un dos compromisos recollidos nos acordos. En especial, o referido á execución dos investimentos para a construción do forno de ánodos.
Cómpre recordar que na negociación do primeiro acordo, en decembro de 2021, a CIG demandou que os Gobernos definiran as actuacións e instrumentos necesarios a levar adiante no suposto de que Alcoa se negase a executar as inversións. Daquela díxose que non era necesario e que se Alcoa paralizaba os investimentos, existían mecanismos para facer que os efectuara. Agora é o momento de que os Gobernos cumpran co afirmado durante as negociacións.
Neste sentido, desde a CIG teñen claro que a intervención pública no complexo industrial e os mecanismos para facelo real deben ser o marco para garantir os investimentos, a continuidade do complexo industrial e de todos os postos de traballo tanto en Alcoa como nas empresas auxiliares.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



