Comezará este venres 1 de marzo ás 18:00, coa inauguración da exposición do curso de bordado e homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, na Casa da Cultura
Burela, 29 de febreiro de 2024. O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, convida a toda a veciñanza “a asistir aos actos en torno a esta data tan sinalada, que este ano teñen como broche de ouro a homenaxe ás guerreiras do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala, mulleres que loitan pola igualdade e a visibilidade da muller no deporte”.
Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López sinala que “o 8M é un día para promover a loita por un mundo onde as mulleres sexamos socialmente iguais e totalmente libres, e por iso, dende Burela, imos homenaxear ás nosas guerreiras laranxas, as que están, as que estiveron e as que estarán, para que continúen abrindo camiño e, ademáis, facendo historia”.
“Animamos a toda a cidadanía de Burela a sumarse á conmemoración desta data tan reivindicativa e a participar das actividades que forman parte da programación deste ano”, engadiu a alcaldesa.
A programación comezará este venres 1 de marzo ás 18:00, coa inauguración da exposición dos traballos do curso de bordado e homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, na Casa da Cultura.
No propio día 8 de marzo terá lugar ás 9:15 a homenaxe ás xogadoras do Pescados Rubén Burela de futbol sala feminino, baixo o lema “Burela guerreira pola igualdade”, no pavillón Vista Alegre.
No mesmo día ás 12:00 na praza do Concello terá lugar a lectura do manifesto institucional.
O 15 de marzo pola mañá representarase a obra de teatro ‘#2Pilgrims” para os institutos de Burela, e ás 21:00, no auditorio a un prezo de 4€.
Ademais, ao longo de marzo haberá diversos obradoiros dirixidos a centros educativos sobre “Educación sexual dixital e pornografía”.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



