Os guateques percorrerán as diferentes parroquias os sábados, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar
Cervo, 1 de marzo de 2024. O Concello de Cervo pon en marcha unha serie de guateques itinerantes que achegarán música en directo os sábados ás diferentes parroquias, en colaboración coas asociacións de veciños de cada lugar.
Esta iniciativa, aínda que aberta á poboación en xeral, forma parte do programa integral de envellecemento activo “Arruguiñas” que arrincou este pasado mes de febreiro con gran éxito de participación e que inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o día a día da veciñanza maior de sesenta anos e fomentar a súa socialización, para que se manteñan activos e activas físico e mentalmente.
Tal e como explicou a alcaldesa, queremos ofrecerlle á veciñanza que se atope nesta etapa de madurez todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu desenvolvemento persoal durante esta etapa da vida, motivándoa a permanecer activa e recordándolle o papel fundamental que desempeñan no noso municipio; estes guateques –engadiu- responden pois a ese obxectivo, de ofrecerlles tamén alternativas de ocio para pasar un bo anaco entre amigos, que poden ser tamén unha oportunidade para mesturar xeracións porque pretendemos que estes encontros sexan interxeracionais, algo que cremos que lle aportará incluso un valor engadido ao programa.
O primeiro dos guateques terá lugar mañá sábado, na Casa do Mar, da man do Dúo Dilema, que amenizará a tarde en horario de 18:00 a 21:00 horas, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar.
Os guateques irán chegando sábado tras sábado as diferentes parroquias con música en directo en colaboración coas asociación de veciños de cada lugar.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



