A concelleira Verónica Soto incide en que “o descontento é xeneralizado pola situación grave que se viviu no Entroido”, polo que “seguiremos demandando explicacións e esixindo responsabilidades de ser o caso”
Foz, 1 de marzo de 2024. “O PSOE e o BNG néganlle aos veciños de Foz obter máis información e esclarecer o que sucedeu na celebración do Entroido”. Así o entende a concelleira Verónica Soto despois de que “ambas formacións votaran en contra da constitución dunha comisión de seguimento”. É dicir, “o equipo de goberno prefire ocultar e deixar atrás a transparencia”.
De feito, “deixan sen ningún tipo de explicación aos veciños de Foz -especialmente a aqueles vinculados ao Carnaval que nos teñen trasladado as queixas polas cousas que fixo mal o goberno local e outras moitas persoas particulares- que na súa maioría teñen amosado o seu descontento pola situación”.
A popular explica que “xa pasou no ano 2023 e neste 2024 a situación foi moi grave. Non nos gusta esta dinámica e agardamos que non se volva repetir nada nin sequera parecido polo desastre na organización”.
Soto incide en que “o Partido Popular intentou cos medios aos seu alcance pedir información e esixir explicacións ao goberno local, pero non fai máis que poñer obstáculos: pedimos documentación e non se nos deu antes do pleno”. Con todo, “seguiremos demandando explicacións; esixindo responsabilidades, de ser o caso; e pedindo un cambio positivo na estratexia do equipo de goberno en relación ao Entroido”.
O BNG PROTEXE AO PSOE
A popular subliña que “unha vez máis, igual que pasou con outros asuntos, o BNG protexe ao PSOE e, máis concretamente neste caso, a mala xestión do alcalde e da concellería de Cultura”. E engade que: “o BNG vive acomodado no goberno sen esixir nada a quen está mal xestionando os recursos dos focenses”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



