Elena Candia, Pablo Taboada e Antonio Ameijide presentaron a iniciativa de apoio ao proxecto de Altri en Palas de Rei xunto a alcaldes e portavoces dos concellos limítrofes e deputados provinciais
Palas de Rei, 19 de marzo de 2024. O Partido Popular esixirá o posicionamento político de tódolos partidos sobre a creación de postos de traballo na zona do interior da provincia a través dunha iniciativa en apoio á implantación do proxecto empresarial de Altri para o asentamento da futura fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei garantindo o cumprimento de toda a normativa medioambiental, técnica e demais que sexa de aplicación.
A proposta que defenderán no vindeiro pleno da Deputación de Lugo e dos Concellos da comarca foi presentada en Palas de Rei pola presidenta provincial, Elena Candia, o alcalde do municipio, Pablo Taboada, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, acompañados por alcaldes e portavoces de concellos limítrofes e tamén deputados provinciais.
Candia explicou que “hoxe presentamos unha iniciativa coa que dar continuidade á proposta aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia para que o proxecto que Altri quere ubicar na comarca sexa unha realidade. Agardamos que nos Concellos e na Deputación se dea continuidade a esa unanimidade de forma que tódalas forzas políticas poidan manifestar de maneira clara a aposta por un proxecto de economía circular que será un revulsivo económico para a comarca e a provincia nun sector importante para a nosa economía como é o sector forestal”.
Con esta iniciativa os populares pretenden que os partidos aclaren publicamente se apostan ou non pola implantación na provincia iniciativas emprendedoras e de sostibilidade, pola creación de empresas e por dotar de oportunidades laborais aos lucenses que son imprescindibles para asentar poboación no rural.
Pablo Taboada explicou que “este proxecto supón un investimento duns 1.000 millóns de euros” e xerará de 4.000 empregos durante a súa construción e 2.500 postos de traballo unha vez estea en funcionamento. Ademais, a este proxecto engadiríanse outras iniciativas auxiliares que contribuirían a xerar máis actividade económica na zona impulsando o interior da provincia e favorecendo o asentamento de poboación na comarca. “Con esta iniciativa escoitaremos a tódalas forzas políticas sobre a maior inversión na provincia dos últimos anos que, garantindo o cumprimento das esixencias medioambientais, contará co noso apoio”.
Os populares cren que “unha iniciativa desta envergadura precisa o apoio de tódalas administracións”. Así, “a Xunta de Galicia xa o declarou proxecto estratéxico en decembro do 2022 e ten manifestado a súa vontade de ofrecer facilidades a este e outros proxectos empresariais que se queiran asentar en Galicia cumprindo estritamente coa lei” e esixen a mesma colaboración ao resto de administracións.
Concretamente, dende o PP esixiron ao Goberno central “certezas que garantan a viabilidade do proxecto de Altri, tanto dende o punto de vista económico como de acceso á rede de transporte eléctrica”. O rexedor popular incide en que “a enerxía é básica para poñer en marcha este proxecto”.











Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.