NOTA DE PRENSA:
Os deputado popular Balseiro Orol quere coñecer as previsións do Goberno galego respecto do alí atopado despois de que PSOE e BNG votaran en contra dunha iniciativa do PP que reclamaba a compra dos terreos se os técnicos valoraban necesario protexer e poñer en valor os restos do castro
O GRUPO POPULAR REITERA A SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DE ÁNXELA BUGALLO PARA QUE OFREZA AS EXPLICACIÓNS OPORTUNAS SOBRE O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE PUNTA ATALAIA
* A Consellería de Cultura incumpre o regulamento do Parlamento de Galicia e négase a facilitar unha copia da totalidade dos documentos, resolucións e demais información inclúida no expediente iniciado por este departamento tras a aparición dos restos arqueolóxicos.
* De xeito especial ocultan os datos relativos á autorización ou autorizacións para a continuación das obras dos edificios cuxos alicerces sepultarán irremediablemente os restos dun castro cuxo valor aínda non se ten aclarado.
* Os populares non descartan achegarse ata as instalacións da Consellería de Cultura e observan in situ os documentos que se lle están a ocultar
Cervo, 20 de novembro de 2008.- O Grupo Parlamentario Popular solicitará de novo a comparecencia da titular do departamento autonómico de Cultura, a nacionalista Ánxela Bugallo e do director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Árias co obxecto de que dean conta das previsións que manexan desde a administración autonómica en relación cos restos arqueolóxicos atopados no xacemento punta Atalaia de San Ciprián. Todo iso despois de que, no día de onte, tanto socialistas como nacionalistas rexeitaran unha iniciativa parlamentaria do PPdeG pola que se instaba á adquisición dos terreos sobre os que se asenta o castro, iso si facéndoo depender do parecer dos técnicos especialistas que deberían valorar se os alí atopado ten que ser obxecto de protección, preservación e posta en valor
Ata o momento a Consellería de Cultura está a obstaculizar toda acción de control exercida polo principal partido da oposición. Así por exemplo, negáronse a comparecer tanto Ánxela Bugallo como Felipe Árias no Parlamento de Galicia, desprezando unha petición formal que, con este obxecto, desatendendo a petición formulada polo Grupo Popular en agosto de 2008. A maiores, os responsables do departamento nacionalista de Cultura aínda non fixeron entrega da totalidade do expediente administrativo relacionado con este xacemento pese a que así lle foi requirido, a través do procedemento regulamentariamente establecido, fai catro meses.
MÁIS DE CATRO MESES DE ESPERA
Con data 05 de xullo de 2008 o deputado popular José Manuel Balseiro reclamou a través do artigo 9 do Parlamento de Galicia que se lle dera copia da totalidade dos documentos e resolucións ditadas en relación co expediente iniciado pola Dirección Xeral de Patrimonio sobre o xacemento arqueolóxico Punta da Atalaia.
Na mesma liña, os populares demandaron os datos obrantes en poder da Consellería de Cultura e Deporte en relación coas obras que se están a desenvolver na zona de afectación do xacemento. Ningún destes documentos foron entregados incumprindo dun modo manifesto as obrigas establecidas na lexislación vixente e os dereitos e prerrogativas de acceso á información que teñen recoñecido os deputados, para mellor exercicio das súas funcións.
PERSONARSE E OBSERVAN IN SITU O EXPEDIENTE
Por todas estas razóns desde o Grupo Parlamentario Popular non descartan personarse na sede da Consellería de Cutultura para comprobar in situ o devandito expediente e coñecer as razóns polas que desde o departamento autonómico que dirixe Ánxela Bugallo teñen tanto interese en ocultalo.
NON HAI ALTERNATIVA
Ao entender do deputado popular a alternativa de futuro que a Xunta manexa respecto do xacemento é moi sinxela de explicar “sen dar conta do valor do alí achado, Cultura autorizou que se sepulten baixo os alicerces duns novos edificios o castro da Atalaia”

















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



