A popular, Eugenia Requeijo, cre que “cometeu este erro pola súa ansia por cobrar, que parece que é o único que lle preocupa” á vista das rabietas e shows que monta nos Plenos para manipularnos e acabar conseguindo o que quere, como un neno pequeno”
Muras, 23 de maio de 2024. O PP advirte que “o alcalde de Muras está a cobrar o seu salario de forma irregular porque se saltou a lei no Pleno no que se aprobou a súa dedicación exclusiva”.
O procedemento para a votación nos Plenos está recollido no artigo 100.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais: “No caso de votacións con resultado de empate efectuarase unha nova votación, e se persistira o empate, decidirá o voto de calidade do Presidente”.
É dicir, a votación para a aprobación do seu soldo non ten validez legal porque ao haber empate (3 votos a favor, 3 en contra e 1 abstención), habería que votar de segundas; pero non se fixo”, explica a portavoz popular, Eugenia Requeijo. “Quedaría aprobado formalmente se repetira a votación e, nese caso, se volve haber empate tería que dicir claramente que quedaba aprobada co voto de calidade do alcalde, que é o que desempata”.
Eugenia Requeijo considera que “o alcalde pretende facer ver que el sempre é o que fai as cousas ben, pero non. Parece que tiña moita presa por aprobar o seu soldo. O que o levou a cometer ese erro foi esa ansia por cobrar, que parece que é o único que lle preocupa como demostrou coa súa rabieta política para conseguir sacar adiante a súa dedicación, como fai sempre para manipularnos e acabar conseguindo o que quere, como un neno pequeno”.
“O alcalde sabe que non fixo as cousas ben, pero non o conta. Engana aos veciños e veciñas, faise a vítima e minte, como fai sempre, para deixar mal aos demais. Quero aclarar que, aínda que el diga que non, o Partido Popular si lle trasladou a súa proposta para sacar adiante o pago de facturas; pero negouse a aceptar. Resúltalle máis fácil acusar á oposición que escoitar de verdade as nosas peticións”, indica Eugenia Requeijo.
“O ano pasado non houbo presupostos municipais. E este ano levamos o mesmo camiño. Se iso pasa será pola falta de traballo do alcalde e o goberno municipal do BNG”, conclúe a popular.


























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



